domingo, 30 de dezembro de 2007

Remexendo,nun pequeno descanso destes días frenéticos de traballo, atopei este vídeo que seguramente moitos de vós xa coñeceredes pero que me pareceu o mellor xeito de redirlle homenaxe ao Comandante Castro.
Enterádevos CUBA RESISTE!!

segunda-feira, 24 de dezembro de 2007




Bo Nadal pra todos!!

P.d: Agrego unha montaxe do Fotolog de Obi (Obitxu sinto e que me ghustaba moito xDe x sabes que a miña afición de ir roubando é superior a min jajajaj)

domingo, 16 de dezembro de 2007


Hoxe ás 12.30 da mañá, na alameda de Compostela celebraráse outra manifestación para pedir de novo o indulto dos tres veciños do eixo encarcelados xa fai algo máis dun mes.O poder xudicial pechou a estes tres homes, arrastrando a unha situación penosa tanto a eles como ás súas familias, por un delito que non foi tal.Dende aquí quero expresar, sen vergoña ningunha, que inda que os feitos foran reais,para min teñen a súa total xustificación e falando mal e de presa, máis lle habia que dar...
Hoxe intentaremos que se nos escoite e que se lles conceda o indulto, e non os simples permisos que se lles deron para ir traballar no Nadal e logo ir durmir á cárcere, q xa hai q ter ben pouca vergoña...De non chegar a conseguilo, espero que polo menos, non se sintan tan sós nesta odisea que levou a tres familias ao desamparo e ao resto da sociedade a probar a mel da inxusta xustiza deste Estado.

INDULTO XA!!

terça-feira, 11 de dezembro de 2007

Intercampus



Un dos videos do Intercampus (no q non se me ve pq o outro anda escondido xD).Aki tamos fasendo a mona pra non variar.Son malo e imaxe peor.. eche o q teñen os móbiles xD.

Os animais de dous en dous uap uap!!



Aquí vos deixo a versión de Luar na Lubre deste tema publicitario.

sexta-feira, 30 de novembro de 2007

Vídeo veciños do Eixo

Indulto xa!!



Copio o texto íntegro do manifesto lido na concentración do 29 de Novembro, escrito por Lois Calvelo, e lido por Xosé Manuel Bocija:

Compañeiras e compañeiros:

Mañá, día 30 de novembro, cúmprese un mes desque entraron na prisión de Teixeiro os tres membros do movimento veciñal, Simón, Jesús e José.

É polo tanto para nos un dia triste, no que certamente nos sentimos abatidos, porque consideramos que estos tres veciños da nosa zona, non son merecedores desta inxustiza manifesta.

Pero unha cousa e sentirnos mal, e outra ben distinta, é saber, que nos asiste a razón. Por eso loitamos. Por eso queremos que Simón, Jesús e José, pasen o Nadal coas súas familias e nas súas respectivas casas.

Estos dias ándase a falar dunha probable liberdade condicionada, como fórmula para sair de Teixeiro. Temos que dicir, que a respetamos. Pero tamén debemos afirmar, que non a compartimos.

Porque para nos. Para o tecido asociativo de Compostela e comarca. A única figura e a única fórmula posible, aquela que colma as nosas aspiracións, só vai pasar, pola concesión de indulto polo Consello de Ministros do goberno do Estado.


Compañeiras e compañeiros:

Moito vos temos que agradecer estos días, a todos e a todas vos, a todos e a todas vos, repito, que nos estades apoiando. Institucións, partidos, sindicatos, Asociacións de Veciños, culturais, todo tipo de organizacións, profesionais, xentes das diversas artes, intelectuais, xentes anónimas. A todas e a todos vos, grazas.

Pero temos que seguir xa que esto non rematou. Temos que seguir co motor acelerado e para diante. Xa entán en marcha novas iniciativas e esperamos que as sigamos compartindo como ata agora.

O domingo, día 2 de decembro faremos aquí mesmo unha concentración de gaiteiros e gaiteiras que expandirán os seus sons por toda Compostela para pedir o indulto.

O venres 14 de decembro ás 8 e media da tarde teremos un espectáculo musical no Auditorio de Galicia, presentado por Xurxo Souto e no que intervirán o dúo Espido, Talabarte trio e Marful

O próximo 16 de decembro, as 12,30 manifestación desde a Alameda á Quintana. Temos novamente a oportunidade de demostrarlle aos tres compañeiros do Eixo, que estamos con eles. Esta vez, queremos que a praza da Quintana se quede pequena para amosarlles o noso apoio e solidariedade. Unha vez mais, todos e todas xuntos, ímolo conseguir. Imos loitar, para que pasen o Nadal nas súas casas.

Indulto xa, para os do Eixo



http://ostresdoeixo.info/blog/

sexta-feira, 23 de novembro de 2007

Pantasmas


Non sabe moi ben como caeu outra vez alí,
aquilo xa tiña que ter pasado para ela,
pero decideu entrar de novo no círculo das súas pantasmas.
Case todo era descoñecido,
excepto os seus medos.
Polas neboentas rúas da cidade eternamente mollada,
camiño do seu refuxio,
sentiu que aínda lle batía o corazón do mesmo xeito que invernos pasados.
Os recordos achegábanse a ela en cada cruce de camiños,
véndose incapaz de esquivalos,
como aprendera durante a súa nova vida fóra de Monique,
aquela que agora voltaba para recordarlle o tipo de existencia que sempre desexara.
Tomou un novo rumbo asegurado a todo risco,
ao que non renunciaría como veces anteriores por facer realidade o seu soño,
xa que a peza que faltaba no seu puzzle,
estaba nun taboleiro no que encaixaba mellor.
A nena Monique non falará máis para ela,
porque é consciente de que a vendeu ao prezo máis baixo,
cansada de loitar contra o círculo que non acababa de pechar.

domingo, 11 de novembro de 2007

E porque non calas ti?


Prefiro non poñer a lamentable reacción do señor ese roxete de cara ao q lle chaman o rei, xa que son bastante máis entretidas as imaxes de Chavez poñendo ao bigotes e familia de volta e media.
Borbón deixa o botellón!!

terça-feira, 30 de outubro de 2007

Non, non , non inocentes a prisión!


Hoxe 30 de Outubro ingresaron no cárcere de Teixero ás 8.30 da tarde os veciños do Eixo condenados por uns disturbios a pesar de ser inocentes.
Coloco a seguir a noticia que saquei do xornal semanal A Nosa Terra:

Tres veciños do Eixo poden ir á cadea por uns disturbios do 1998

Simón Márquez, Xosé Moreira e Xesús Montoiro poderían ingresar na cadea o 31 de outubro por un delito de lesións contra un policía durante uns disturbios ocorridos canda unha protesta contra unhas obras nun vial no Eixo, en Santiago. Xa se reuniron 10.000 sinaturas que piden o seu indulto.

A entrada en circulación dun carril de tránsito lento pola estrada N-525 que vai de Santiago a Ourense, ao seu paso polo lugar compostelán de Santa Lucía, ocasionou que tres veciños da parroquia de San Cristovo do Eixo estean a piques de entrar no cárcere para cumprir dúas condenas, cada un de seis e un anos por cometeren os delitos de lesións e atentado cando protestaron, en 1998, contra as obras de Fomento e foron obxecto dunha intervención da policía.

Se o goberno estatal non fai caso das case 10.000 peticións de indulto que lle van ser presentadas o 15 de outubro ao Ministerio de Xustiza, Simón Márquez Valle, fontaneiro de profesión, Xosé Moreira Fernández, libreiro, e Xesús Montoiro Cepeda, chofer, o próximo día 31 ingresarán no cárcere máis próximo aos seus domicilios, que será seguramente o de Teixeiro.

A totalidade das asociacións de veciños de Santiago e moitas da súa comarca mobilizáronse para recoller sinaturas a favor de que se lles conceda o indulto. Na súa parroquia e no lugar onde viven ninguén fala mal deles. Todos coinciden en consideralos persoas de ben, responsábeis pais de familia e cidadáns correntes que non serían capaces de facerlle dano a ninguén.

Que pasou logo para chegaren á situación na que están? O 14 de xullo de 1998, pasadas as 10 da noite, arredor de 200 veciños da parroquia de San Cristovo do Eixo atopábanse na estrada N-525 protestando porque Fomento abrira dous días antes un carril novo de tránsito lento sen construír previamente un paso a desnivel para que os veciños de Santa Lucía puidesen pasar dun lado a outro da vía pública. O lugar, aínda hoxe que xa está funcionando a autoestrada e por fin hai un paso a desnivel na vella estrada, constitúe un punto negro no que constantemente está habendo accidentes que case sempre son atropelos.

Aquel día, un policía, Luís Gómez Vázquez, quixo levar preso un menor de idade e varios veciños impedírono no transcurso dun suceso que, aínda hoxe, é interpretado de moi diferente maneira polos veciños do Eixo e pola versión que lle subministraron ao Tribunal de Xustiza os policías afectados e que a Audiencia Provincial da Coruña, na súa Sección de Compostela, deu por boa mediante unha sentenza emitida o 17 de outubro de 2003 por un tribunal presidido polo maxistrado Anxo Pantín Reigada, con Xosé Ramón Sánchez Herrero e Carme Vilariño López de vogais.

Esta sentenza, condenando os tres citados un total de sete anos de cárcere por cada un, foi ratificada polo Tribunal Supremo e o goberno central non accedeu á primeira petición de indulto que lle foi presentada na primavera do ano pasado. Segundo cren saber na directiva da Asociación de Veciños do Eixo, absolutamente entregada á defensa dos tres condenados, o caso tocáballe ser resolto cando era ministro de Xustiza Juan Fernando López Aguilar, que tivo que deixar o cargo ao ser designado candidato do PSOE á presidencia das Canarias polas últimas eleccións. Inmeditamente despois, o seu sucesor, Mariano Fernández Bermejo, informou negativamente da petición de indulto malia ter, segundo pensan na citada directiva veciñal, un fraco coñecemento do caso.

A nova situación caeu coma un chafariz de auga ardendo non só sobre os afectados senón tamén entre todos os seus veciños que non paran de mobilizarse para buscarlle unha saída a este proceso que evite que pasen pola cadea “persoas honorábeis que todos apreciamos e que son necesarias nas súas casas”, segundo nos dixo Xosé Manuel Bocixa Fernández, secretario da Asociación de Veciños do Eixo.

Nesta dirección tamén apuntaron xa no Concello de Santiago e mesmo no Parlamento, onde a Comisión 1ª Institucional de Administración Xeral, Xustiza e Interiror aprobou o 28 de setembro unha declaración sumándose ás diferentes manifestacións de solidariedade cos veciños do barrio do Eixo que teñen pendente a execución dunha condena que implica o seu ingreso en prisión.

Precisamente, no Parlamento este tema non chegou a ser tratado no pleno porque no PP parece estar habendo un cambio de actitude ao seu respecto dende que Xerardo Conde Roa se fixo cargo da política desta organización en Santiago. Segundo lle ten manifestado ao secretario da Asociación de Veciños, Roa móstrase agora partidario de que os condenados lles pidan perdón aos policías antes de levar adiante trámite de petición de indulto.

A este respecto, non hai unanimidade entre os tres. Un deles xa fixo pública manifestación desa petición de perdón, pero os outros resístense a levala a cabo porque pensan que iso representaría recoñecer unha culpabilidade que non admiten.

sábado, 27 de outubro de 2007

Venres noite


Aqui vai outro montaxe das nosas reunións nocturnas.
Desta vez no meu piso despois de pechar Apolo e todo o que se nos cruzase e acabando unha botella de ron.
Silver (mama osa),Obi (papa oso) e eu (bebé oso)

Non podía deixar de copiar aquí a homenaxe que o señor Obiño con cocacola nos fai no seu fotolog.Estou agradecida de q escollese as fotos nas q teño mellor cara xD.
Ala buskádeme polo medio.
Gracinhas Obitxu :-)
Un chucho pros porkos ;P

segunda-feira, 22 de outubro de 2007

terça-feira, 16 de outubro de 2007

Un día máis


Toka o despertador... tres veces, as7.30 corre corre!!.
Desaiuno.. case non queda tarta e discutimos un pouco sobre o seu paradeiro
ducha e lavado de cara... inda asi os graos non desaparecen,
poñer a roupa... vaquero e xersei verde talla XXL, as9,
sacar coche do garaxe e chegar as oficinas de universidade... vaia cola, eu colome e punto
, matricula por interne por favor?..papeleo do 22 ao 31.. hoxe non era...;
Gramática histórica... morfoloxía latina,o substantivo e os casos
que era eso do xenitivo?
chute de cafeína... merda non ten azucar pero polo menos leva algo q parece café
sintaxe galega... innatismo ou non?, innato é o deste pobre home
corre co coche... animal que me das!!;
aparcar,mirar blog... jodeuse o contador;
facer a comida... xudias con patacas e chourizos,puajs q noxo!
facer a mochila, q roupa meto?... vaquero e camiseta de York,
ir a buscar a Obi ao traballo,escoitar as súas ironías un cacho.. tiroo no primeira parada,
comer,kitar o que me sobra da carpeta, sair correndo,
aparcar,biblioteca...
unha hora mirando pra literatura medieval galega
galego con Maruxa e buscando unha definición de coche, xa cha digo eu
-cousa con catro rodas e motor q non das aparcado nunca e se o consegues lévacho a grúa
contenta?
hoxe non vou a catalán... xa sei dicir como me chamo
verme con Ana ás 7, espero q con David tamén
morreu a Mónica ou que?
subir correndo,deixar a mochila no piso,
doeme a barriga...a amiga,
ir pra o Cortocircuito... a ver de q vai esto
ir cear...un kebab seguro,
tomar unha canha... ou duas ou tres,
Nena unha Superbock?
como sempre
ir durmir pro piso...
outra vez as 9!!
Volver empezar

terça-feira, 2 de outubro de 2007

Entre a memoria de Monique


Baixou naquela parada un día de sol xeado,
colocando as trenzas que lle abrigaban as orellas.
Escoitou aos lobos ouvear ao fondo da barra,
e notou como a radiografiaban.
Despois dunha longa sesión de control,
comezaron a empuxar coas súas voces as augas limpas que invadían o seu territorio,
e con elas levárono todo.
Monique, nunha mostra de estupidez adolescente,
intentou frear as ondas cando aquel barco xa ía á deriva,
porque a corda que o suxeitaba a ela fora mordida por un dos lobos.
Hoxe inda treme ao velo fondeando entre a oleaxe,
e pensando que quizais alí dentro estea a parte de si mesma,
que lle arricanron unha noite de decembro.

quinta-feira, 27 de setembro de 2007

Amor dos dezasete


O nerviosismo move o motor que me leva até o descoñecido,
o tempo non pasa até chegar á minha liberdade,
loucura dun segundo.
Entre estas paredes infantís móvense moitas palabras que non din nada,
só ocupan o tempo para chegar á nosa liberdade,
á túa loucura e ao meu medo.
Mirando pra o vacío, as palabras son silencio e o dia faise noite,
só se ve o fume que sae das nosas bocas,
que desexan xuntarse pra logo separarse,
até que volva esa loucura de nenos con medo, pero coa felicidade do abrigo dun e dunha descoñecida.
Essas paredes faran eternos os debuxos do fume
que escrebía nelas a eternidade dese momento que non volverá.


Noa 2002

terça-feira, 25 de setembro de 2007

Grupo Norfolk



Acabo de incorporar uns novos enlaces que vos levarán ao grupo Norfolk.
Entrade,remexede e escoitade... non ten desperdicio.

segunda-feira, 24 de setembro de 2007


Vai desaparecendo todo o meu mundo,
o que tanto esperara dende nena.
Neste naufraxio agárrome ao pouco que sobrevive entre a oleaxe,
sabendo que ese anaco de recordo non me manterá a flote,
porque a miña soidade cada vez é máis pesada.
Algún día volverei a soprar as palabras que suxeitan o meu corpo,
pero por agora absorberei as ideas,
que me empuxan cara o fondo das miñas bágoas,
cando o silencio me rodea entre o murmullo da masa.
Ese silencio é o que leva gardado o eu,
que chegará a morrer se o papel o arrastra mar adentro.

quarta-feira, 19 de setembro de 2007

II Festival da mocidade en Vilar de Santos



Para máis información consultade no vínculo do Centro Social Aguilhoar.Alí atoparedes unha programación e así botades unha ollada a esta iniciativa tan noviña.
Entrade e colaborade!!

terça-feira, 18 de setembro de 2007

Fronteiras infindas


Alguén che falou de futuro,

de algo mellor para os teus.

Cruzache sobre un ataúde remando cara unha promesa.

Viñeche a facer o que nos non queremos,

converténdote nunha mercadoría,

e perdendo o nivel de persoa a cambio de ter sobrevivido.

Nos, con memoria a curto prazo, facémoste invisible,

e no mellor dos casos un ser ínfimo merecedor da nosa desconfianza.

Chamámoste pola tua cor porque o nome tal vez nin o recordemos,

só eres o antigo colonizado que invade agora as nosas costas,

esas que están de espaldas a ti.

As nosas fronteiras foron pechadas,

converténdose nas portas dunha cárcere de escravos,

ao mesmo tempo que o soño europeo chega a ser o teu pesadelo,

ou a tua morte a máns dos que te esperan á beira do mar coas redes preparadas.

sexta-feira, 14 de setembro de 2007

Dun 27 de agosto de 1984 a un de 2007


Recórdote alí, sentada na pedra e rodeada daquela brisa de frialdade.

Agora véxote cun ser entre os brazos, unha vida creada por ti,

e esvaécese aquela nena loira que un día abandonou o seu presente pra crear un futuro.

Pasache unha barreira que aínda non son capaz nin de albiscar,

quizais sexa por miopía, xa sabes que nunca vin ben.

Non sei o que significaricará a felicidade que nos amosan naquel cadrado que teño instalado na sala.

Só espero que para ela sexa iso, un 27 de agosto,

23 anos despois de eu ser creada para atoparme contigo.

Nunha desas longas tardes de levantar mil veces o teléfono,

botei conta do camiño de cada un.

Os nosos regueiros de adolescencia bifúrcanse,

para só se atopar nunha desas casualidades de supermercado,

do que cambiado estás, que tal che vai a vida...

Non sei se eu teño camiño polo que poder alonxarme e reinventarme,

por agora paréceme encontrarme con él de cada solsticio,

para logo botalo de menos acurrucada entre a miña manta dos recordos.

A miña vida está lonxe do meu ser,

e o medo de que a brúxula da existencia non estea da miña parte,

invádeme a cada chamada fallida.

sábado, 1 de setembro de 2007

El señor de los lerus

Por fin conseguín atopar este video que vira xa fai algúns anos perdido pola rede.Mapashito é un fenómeno o tio xD.

Espero q vos guste e a algúns supoño q lles traerá recordos.

Corre corre que t`arcansooo!!

quarta-feira, 29 de agosto de 2007


Cheguei do meu paseo polo paraíso,

e atopeite alí, eras case de xeo.

Pensei que non merecía o abrazo que xa non me ías dar máis.

Os apoios sonme roubados por unha voz estratéxica e medosa de eu ser coma ela.

Quizais non me queira máis que a ti.

Non che direi que te quero para que ti só escoites disculpas, xogos de palabras e mentiras,

porque as miñas non son as únicas que soan con forza.

Pode ser que o aire estea viciado i eu sinto que afogo.

Afogo por protexerte ao respirar eu a túa parte.

Está ben... mentirei e morrerei no teu lugar.



Seguirei arañando coas uñas contra a pizarra por se alguén decide escoitarme.

segunda-feira, 27 de agosto de 2007

Homenaxe de Obitxu askatasuna


Pra meus amigos de cogorzas os viernes NIGHTS por Kompostela!!! Que o psamos pipa e collemos unhas cogorzas de aupaaaa!!!! a ver se empeza o curso!!!! jajajajaajajaja



  • xk son uns borrachos


  • xk nn saben bber likor café


  • xk e millor que Silver nn beba tequila


  • xk nn keremos que vaias o GRIMPIS xD


  • xk Noa nn sabe beber sen bautisar


  • xk a Obi nn lle gusta a Coca-cola sola... xD


  • xk no Apostol os dous ian finos de collons! (un mais k outro)


  • xk Silver es Serdito y Noa es PAQUITO xD


  • xk o Avante vaise as 3... ainda q cheguemos as 2 xDxk a SUPER BOCK e o millor purjante Estomacal que hai, 3 cervexas e coma 1 quilo de ciruelas xDDDDDD


  • xk cargamos todos de todos... vaiamos como vaiamos....


  • xk fomos as festas de BRION e a XKA de Noa nn veu :


  • xk botamos en falta o PORRON!!!! :´´´´´


  • (xk si


  • xk se lo merecen


  • xk unha fai que estudia e o outro fai que traballa...xDD

domingo, 26 de agosto de 2007


Volvín buscar aquel sorriso do comezo,

a sensación de formigueo no meu ventre,

e saiume a través das pupilas un quérote asasino,

asasino da miña conciencia, no caso de ela ter existido.

Desexei que os minutos freasen,

para poder perder o pouco que me quedaba.

Loitei contra as voces incansables,

contra os portadores da moral,

pero deixeime evaporar por elas.

Cinco lúas de combate aberto,

de xustificacións e de egoísmos sexuais.

Fuxir con él!

Esconderme da miña angustia,

e disfrazarme de felicidade,

era a estación na que tiña que baixarme.

Equivoqueime de parada e volvín á realidade,

e ao deixar as maletas no chan,

descubrín que aquela realidade desaparecera,

e con ela a miña inocencia.

quinta-feira, 23 de agosto de 2007


Passaram já mil lúas,
e outros tantos amenceres sem o teu recordo, subindo polo meu peito como uma sombra que me afoga.
Volvemos cruzar as nossas vozes,
nom me preguntes porque choro,
nom sei, será essa sombra ou será que já nom está...
Nom sei o que quedou de ti em min,
nom sei se essa sombra é amor ou doce vinganza...
Quero alonxar-te de min,
fas-me débil,
e que nos atopemos despois de outras mil lúas,
ou nom...
alonxar-te para sempre,
é igoal, todo isto já nom me importa ...
simplemente, amei-te

Foi umha noite preciosa,
colache-te na minha habitaciom e gastamos todo-los beijos que nos deviamos,
quedamos durmidos, abrazados coma nenos...
Sentados na mesa para comer,
disimulabamos a noite, com miradas rápidas e sonrisas de adolescentes

Ao meu miau


Umha tarde de maio as ondas trouxerom as tuas palabras aos meus olhos,
mil razons que nos separam,
mil razons para nom esquencer-te, nom podo... nom quero.
Despois de mil voltas de roda atopámo-nos,
forom noites curtas, as últimas pareciam frias
Decias-me adeus dende a ventana,
mentres eu intentaba parar a tormenta de auga que baixaba pola minha cara sem dar-me conta ...
volvo em cinco minutos.
Volver a empezar, cada um coa súa vida,
sigo escoitando-te mentras durmo,
abrazo-me a ti coma sempre... miau!
Dizem que é imposible, que estamos tolos...
espero esta-lo nom digas adeus...
volvo em cinco minutos

Ao meu becho


Tinhamos aulas de latim,
melhor ir a falar de nos,
eres especialmente forte, parece-me estar escoitando-me
eres ti ou eu? eres ti, autodestructiva.
Sempre cho digo... olvidao son eu... nom podo, perdom, nom quero.
Eres umha boneca curtida polas noites frias, longas noites de pedra,
enganhas-te, nom eres de pedra.
Acabaremos juntas a carreira!
nom sei se a carreira, nom importa,
estarei aqui estudando na biblioteca sempre, inda que nom cho diga... sabe-lo

Supoño que volvín sacar o peor de min
quizais só o "eu"
esa boneca fria e impredicible.
As normas non van con ela...nunca as quixo escoitar
Mentres as mareas non se movían volvín atrás no tempo,
fun cara á impunidade sentimental,
cara ao "aqui mando eu".. pensei ou mais ben non pensei.
Baixei ao sur do meu egoísmo e atopei o que buscaba...
non foi moi complicado.
Subiu o ego, a lívido, levantouse a pel...
Non son inocente de ningún delito.

Cacao e nicotina


A través da ventanilla deulle dous bicos, un por meixela.
Xa sentados sobre a area branca comezaron a surxir frases... comentarios estúpidos.
Ela pensou que non pasaría nada se se sentase ao seu lado,
non significa nada
pero no fondo queria que significara todo.
Finxiu que lle fraquezaban as pernas... pobre, non se da levantado.
Axudouna a erguerse ,
ela tomou impulso ate chegar a dous centímetros da súa boca e rozalo cos beizos.
Decatouse
Foi algo case colexial... primeiro as mans
Os seus dedos comezaron a subir pola súa espalda..
ela resistíase,
a súa lingua subiu polo pescozo até chegar ao lóvulo da orella,
ela xirouse e bicouno pero botouse atrás...
"non sabe bicar" pensou.
Apartouno e marchou case sen saber se recollera todo do chan.
Ela volvería, pensaron os dous
Non lle importou moito o bico daquela noite e volveu,
envolveuse en seda roxa e granate, e no cacao salgado da súa pel...
sentiuse levitar,
porque señores a pel é máis adictiva que a nicotina que corria polas paredes daquel cuarto
Só sexo repetíase e saltou sobre as pedras do camiño de Alicia,
mentres repetía tódalas noites entre aquela pel
só sexo, só sexo, só sexo
Merda! só sexo

As gafas violetas



22 agosto


"Non te entendo", era a frase que máis repetían cando ela só buscaba comprensión...
Nena, a comprensión é unha utopía.
Quizais sexa vítima da súa loucura ou da súa sangue... non regará ben
VIVIR... a clave de todo.... VIVIR
As cadeas morais átana.
O arrepentimento só son as cadeas que o carceleiro aperta cada vez que sae o instinto.
Moral??...Inmoral
Vivir é inmoral??
Mentiras,sempre enganos tódolos días,
sempre repetindo o mesmo "xa non son así, eu cambiei"...MENTIRA
¿Porque carallo tiña que cambiar? ¿Ser outra persoa tal vez?
Era inmoral... unha puta
Repito... unha puta
Unha puta dona do seu corpo.
Non fagas esto ou aquelo, tes que tomar unha decisión, iso é ser unha puta.
Nunca chegou a comprender todo iso, só disimulaba.
Tomou unha decisión... era unha puta para eles.
Saiu á rúa e mercou unhas gafas violetas