terça-feira, 2 de outubro de 2007

Entre a memoria de Monique


Baixou naquela parada un día de sol xeado,
colocando as trenzas que lle abrigaban as orellas.
Escoitou aos lobos ouvear ao fondo da barra,
e notou como a radiografiaban.
Despois dunha longa sesión de control,
comezaron a empuxar coas súas voces as augas limpas que invadían o seu territorio,
e con elas levárono todo.
Monique, nunha mostra de estupidez adolescente,
intentou frear as ondas cando aquel barco xa ía á deriva,
porque a corda que o suxeitaba a ela fora mordida por un dos lobos.
Hoxe inda treme ao velo fondeando entre a oleaxe,
e pensando que quizais alí dentro estea a parte de si mesma,
que lle arricanron unha noite de decembro.

3 comentários:

Suso Lista disse...

Xa ves que volvo. Os barcos, ainda que teñan partes de alguén nas bodegas, soltan todo, cando van ao fondo. Bicos.

Noa disse...

Monique é mellor que quede alí, eu só me ocupo de transmitir o seu testamento.
Moitas grazas pola visita.
Cando consiga organizar o meu sono intentarei ir colgando algunha cousiña.
Bicos
Por certo mirei a tua web e só teño q rosmar por un asunto, en galego home, en galego que queda moito mellor!! :-)

a conxurada disse...

tes o contador de visitas escarallado, fai unha semana que sempre que entro pon 227.