domingo, 16 de novembro de 2008

Os tempos son chegados


Bautista Álvarez renuncia á presidencia da UPGNo discurso de apertura do 'conclave' avisa o BNG do "risco" de ver o poder como unha "carreira de méritos", e critica a actitude da socialdemocracia ante a crise ao cualificala como "esquerda domesticada".


O presidente da Unión do Povo Galego (UPG), Bautista Álvarez, anunciou este sábado en Compostela que non vai continuar á fronte da súa actual responsabilidade, presidente do partido, durante o discurso que pronunciou na sesión de abertura do XII Congreso Nacional do partido, integrado no BNG. Bautista Álvarez é presidente da UPG dende 1977.O histórico dirixente da Unión do Povo Galego vinculou a súa decisión a "motivos de carácter persoal" que, segundo expresou, aconsellan que se retire do "primeiro plano político". O histórico nacionalista xa lle comunicara esta decisión hai máis de quince días ao Comité Central, órgano que tamén tomou a decisión de deixar vacante a Presidencia.
"Superación autodeterminista"

No seu discurso ante uns 1.200 militantes, Bautista Álvarez advertiu dos "riscos" que se poden derivar de que o nacionalismo conciba o poder político do país dende unha perspectiva "simplemente de xestión ou de carreira de méritos biográfica e non de transformación da realidade".Tamén recalcou que o marco autonómico ten "enormes limitacións" e que, polo tanto, a súa "superación autodeterminista" debe orientar "sempre" o movemento do nacionalismo. O dirixente fundador da UPG referiuse, neste senso, a episodios "clave" na conformación do nacionalismo contemporáneoRefundar o socialismoBautista Álvarez animou ademais os militantes a traballar politicamente para superar o capitalismo por ser "un modo de produción contrario aos intereses dos pobos e da Humanidade no seu conxunto"."Non é preciso botar man dos teóricos marxistas para demostrar que as turbulencias nos ciclos produtivos non son froito da casualidade nin de conmocións erráticas producidas por a guerras, incidencias políticas ou cambios demográficos", proclamou Bautista, e engadiu que "son propias das economías industrializadas do sistema capitalista".Tamén considerou que no actual contexto económico, o movemento nacionalista debe "aproveitar a crise para refundar o socialismo". Neste senso, o presidente da UPG criticou con dureza a actitude da socialdemocracia ante a crise ao cualificala como "esquerda domesticada".Logo do seu discurso, os congresistas debateron en comisión as emendas presentadas ás teses a debate, que serán aprobadas este domingo.

http://www.vieiros.com/nova/70291/bautista-alvarez-renuncia-a-presidencia-da-upg

sábado, 8 de novembro de 2008

Á Conxurada




A verdade é que non parei a escribir nada ,nin pensei en facelo.Espero que o que che deixo aquí che sirva.Non é gran cousa , pero sempre que pensei que non ía dar seguido só tiven que cantala polo baixiño, só pra min ;-)

segunda-feira, 22 de setembro de 2008


Inmersa na súa rutina,
sentouse naquela mesa disposta a escoitar o que tiña que dicir.
As palabras atravesaron os seus poros,
até instalarse nun anaco descoñecido da súa alma.
Había tempo que non lle batía o corazón.
Quizais morrera aos vinte.
Agora ese fluxo traía á súa pel,
os desexos dos que fora despoxada cunha simple declaración de intencións xa antiga.
Repetiuse cada día que non lle conviña,
que aquel devorador de ideas era imaxinario.
Imaxinou un novo futuro,
de miradas cargadas das cousas que non aprendemos a dicir,
de sorrisos baleiros de máscaras protectoras,
a súa única gran especialidade,
dende algún momento que xa non recordaba.
E agora que?
Só podía seguir xogando,
até que as palabras murchasen…
ou podía espertar.

sábado, 23 de agosto de 2008

quarta-feira, 11 de junho de 2008

domingo, 8 de junho de 2008

Xuño.Un novo naufraxio


Xa é tarde e aínda revisa as páxinas,
quizais hoxe atope algo.
O maior medo é esquecer a túa cara.
Salta de enlace en enlace,
mirando polo buraco da súa pantalla,
a vida intencionadamente.proxectada.só.pra.min de caras re/coñecidas.
Sempre sentiu que non pertencía a ningures,
deslízase entre a masa sen sentirse atraída.
Son comunidades con linguas argóticas que nin intenta comprender.
Teñen dito antisocial... non creo que non me gusten as persoas.
A ti quérote pero non cho direi.
Pode ser falta de cultura afectiva, tesme reprochado a frialdade.
Ser de outro xeito incomódame.
Autodestrúome e sábelo.

segunda-feira, 2 de junho de 2008

sexta-feira, 23 de maio de 2008

terça-feira, 20 de maio de 2008

Tarántula




Non dei conseguido o video oficial, de feito non puiden nen baixar o disco porque está todo protexido.Aquí vai un video, que non é ilustrativo de todo, pero chégalle ben.Trátase da presentación do novo disco de Mónica Naranjo, unha tipa que segue sendo impresionante tanto pola súa voz como pola capacidade de ser toda ela un espectáculo.
De tódolos xeitos o video oficial non ten desperdicio e do disco só podo dicir que cada tema é unha sorpresa.
Espero que vos guste.

sexta-feira, 16 de maio de 2008

Big girls don`t cry??



É comercial xa o sei, do forno de Polanco, pero gústame e teño que escoitala cada vez que teño un anaco pra me estirar na silla e mirar pro teito.

Fergie-Big girls don`t cry.

quarta-feira, 14 de maio de 2008

Asina o manifesto!!



A Associaçom Galega da Língua (AGAL), com motivo da celebraçom do Dia das Letras, convoca todos os galegos e galegas a manifestarem-se o próximo 18 de Maio às 12 horas na Alameda de Compostela, em defesa da Língua da Galiza, que identifica o nosso Povo, e convida a fazê-lo de modo firme e cívico polos nossos direitos lingüísticos individuais e colectivos de acordo com as seguintes considerações:

1.- Denunciar as políticas de substituiçom lingüística que levamos sofrendo durante os últimos 25 anos, disfarçadas de falsa normalizaçom lingüística.

2.- Exigir o reconhecimento da condiçom internacional da nossa Língua, que com a variedade própria das línguas internacionais é falada por centos de milhões de pessoas no mundo, quer como língua nativa, como é o caso dos galegos, quer como língua oficial de oito Estados, ou como língua cada vez mais estudada em todo o mundo polas vantagens das línguas internacionais.

3.- Denunciar as autoridades e administrações públicas que, em vez de garantirem os direitos lingüísticos e democráticos do Povo galego, discriminam e perseguem aqueles que nom aceitam a deriva de substituiçom lingüística e dialectizaçom castelhanizadora do Galego que o torna desnecessário no seu próprio País.

4.- Apoiar a iniciativa aprovada no Parlamento por unanimidade reclamando a recepçom das rádios e televisões portuguesas na Galiza, que pedimos que se efective desde já e que nom fique numha simples declaraçom sem vontade real de a levar a cabo.

5.- Denunciar também os grupos extremistas que, protegidos por certos sectores políticos, atacam o direito e a liberdade de vivermos na Galiza em galego.

6.- Finalmente, apelamos a toda a sociedade para exigir umha mudança das políticas que tornam a Língua desnecessária e dialectal, como forma de impor o uso do castelhano, por políticas que garantam os nossos direitos lingüísticos individuais e colectivos, assegurando que o Galego continue a ser a língua própria dos galegos e galegas, e umha língua extensa e útil

Asina:

http://www.agal-gz.org/manifesto08/index.php

Asina tamén o da Mesa:

http://www.amesanl.org/18maio2008/apoios.htm

domingo, 4 de maio de 2008

Cruce de illas


Levántome un día máis sen saber se hoxe te verei cruzar a cristaleira que nos leva cara á rutina.
Non sei se tamén hoxe levantarás a vista para me saudar,
cun aceno case acordado nunha primavera alborotada polas présas do que chega tarde.
Camiño polos corredores buscando o cruce por onde chegaba sempre aquela presenza chea de interrogantes,
que me imprimía unha sensación de admiración polo descoñecido,
que parecía estar sempre en min sen eu dar con el entre os arquivos da memoria.
De atopármonos de novo,
non che perdoarei que te rendeses,
sen darnos a oportunidade de seguir mirando a vida dende unha ventá diferente.


p.d: esta é a miña pequena homenaxe, as últimas palabras que che podo dicir porque non fun quen de me despedir de ti, nin ti me deche a oportunidade... simplemente tomache unha decisión que eu non che perdoarei porque necesitabamos que non te rendeses dese xeito, necesitabamoste aínda que non o sabiamos.Boa viaxe compañeiro, non te esqueceremos nunca.

sexta-feira, 18 de abril de 2008

Un paso máis...Paremos a suba das taxas!!

O Claustro da UDC rexeita por unanimidade a subida de taxas
Considérana un "elemento de exclusión que redunda na desigualdade" e que leva "unha privatización encuberta".



O Claustro da Universidade da Coruña (UDC) opúxose esta quinta feira por unanimidade á subida das taxas de matrícula do Sistema Universitario Galego no curso 2007-2008, xa que considera que supón "un elemento de exclusión que redunda na desigualdade de oportunidades ao acceso e a continuidade na universidade".

Os membros do Claustro abordaron o tema a petición dos estudantes, e declaráronse "en contra" por supor unha "carga" para as familias que, ademais de "discriminar e penalizar" aos estudantes, non supón un incremento nas bolsas, nin a mellora da calidade dos servizos e leva "unha privatización encuberta".

Os representantes dos estudantes, profesores e persoal de administración e servizos da UDC aprobaron nun texto conxunto onde solicitan que o financiamento das universidades -"públicas e de calidade"- se sustente nos orzamentos xerais. Xa que logo, instaron á administración a "tomar medidas para frear a subida".

Neste senso, os Comités Abertos de Escola e Facultade (CAF) convocaron unha folga para o 29 de abril nos sete campus do país, para "evitar" que a Consellaría de Educación "volva decretar unha subida de taxas".

Para ver a noticia:http://www.vieiros.com/nova/65958/o-claustro-da-udc-rexeita-por-unanimidade-a-subida-de-taxas

quarta-feira, 19 de março de 2008

Mentiroso, mentiroso

Colgo esta entrevista de Iván Ferreiro, non por nada en especial, senón porque me parece interesante a visión que ten sobre a música, o concepto de artista, do público... en fin, vos diredes.

segunda-feira, 10 de março de 2008

Sinforosa




Despois dun anaco de queixo fresco,
saías do teu recuncho,
buscando coa ollada á pícara que enredaba cos xoguetes na porta da cociña.
Traías para ela un trato musicado coa túa voz,
"Nena heiche ensinar a bailar para cando vaias aos mozos".
Levantándoa da súa silliña de madeira,
comezaba a cantarear un pasodobre.
A nena enganchaba os dediños entre as súas mans,
dando voltas,
xirando a paso silencioso entre a cociña de leña e a de gas.
Fóra, os cans, subidos nas escaleiras do patio,
levantaban as orellas e contemplaban atónitos aquel novo espectáculo.
A nena seguía o ritmo dos susurros harmónicos,
procurando imitar cada paso.
Daquela aínda non sabía que aquelas mans vellas,
lle ensinarían a bailar pasodobre na súa memoria,
até que a música esmorecese para sempre.



Noa (2008).A meu avó Manuel

terça-feira, 26 de fevereiro de 2008

Compañías de baixo coste? a costa de qué?




Casi siete horas para aterrizar en la Ciudad Condal desde Santiago
Más de 130 pasajeros tuvieron que esperar una hora dentro del avión y otros cuatro en el aeropuerto de Lavacolla para despegar hacia Barcelona ·· La compañía apunta a que se debió por un fallo en los alerones


Hasta cinco horas tuvieron que esperar los pasajeros del vuelo XG 1137, con destino a Barcelona, que tenía prevista su salida a las 08.05 horas de ayer, para poder despegar desde el aeropuerto compostelano de Lavacolla. Si a este retraso se le suma la hora y media de trayecto hasta la Ciudad Condal, no es de extrañar que los más de 130 pasajeros tuvieran que hacer de la paciencia y la tranquilidad sus mejores aliados, para soportar las seis horas y media de espera.

Aún así, el nerviosismo y la intranquilidad se apoderaron de los usuarios del vuelo de Clickair. Normal, si se tiene en cuenta que "nos tuvieron una hora dentro del avión", explicó alguno de los pasajeros. "Primero nos dijeron que sólo serían cinco minutos. Después que tenían que hacer alguna prueba por motivos técnicos", relataron. "Hasta nos apagaron las luces porque decían que el fallo se debía a un problema eléctrico... Y así, hasta una hora dentro del avión".

Lo que en principio parecía un simple y breve retraso, algo habitual en cualquier aeropuerto, se convirtió en una interminable mañana, hasta pasadas las 13.00 horas, en que despegó el avión hacia su destino. Al no ser reparada la aeronave de Clickair, compañía participada por Iberia, tuvieron que traer un nuevo avión desde Barcelona hasta Compostela para poder trasladar a los pasajeros.

Muchos de los viajeres cancelaron sus vuelos, otros cambiaron sus billetes para otro día, y la mayoría cogieron el vuelo del mediodía.


Sin determinar el fallo

Desde la compañía confirmaron que el retraso se debió a un fallo técnico, apuntando principalmente a los alerones de la aeronave como principal culpable. Algunos de los viajeron señalaron que "cuando estuvimos dentro del avión hicieron diferentes pruebas en los alerones con un ruido ensordecedor".

David Albisua Pasajero del vuelo GX 1137

"Ha sido todo un poco caótico. Primero nos dijeron que sólo eran cinco minutos, luego veinte...", explicó este catalán. "Me tenía que ir a primera hora porque a las 14.00 horas entro a trabajar". David es usuario habitual de esta línea, "porque vengo de vez en cuando a ver a mi novia, y nunca antes había tenido problemas con el vuelo".


http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=3&idNoticia=269512

segunda-feira, 18 de fevereiro de 2008

Diario de abordo escrito en terra


O futuro era incerto,
pero Laila enrolouse naquel navío dos seus recordos.
Sabía que o momento da chegada a Porto Calmo estaba lonxe.
Nada lle impediría seguir debuxando estrelas de cinco puntas a cada amencer,
deitada sobre a madeira quente do desexo.
O fracaso estaba sempre presente,
na nebulosa de pensamentos que a observaba desafiante,
aínda así, lograría que os seus medos,
fosen o ronsel daquela aventura.
Tódalas tormentas pasadas,
son agora a luz intensa da experiencia.
Tirou da áncora da súa inseguridade e izou as velas.

quinta-feira, 14 de fevereiro de 2008

Eramos poucos e pareu a burra


Onte moitos de nos saimos da nosa burbulla do estudo, para atoparnos de fronte co espectáculo mediático montado a raíz da concentración de económicas.
Entre os cruces de acusacións de se foron os escoltas ou a xente xa viña quente da casa, os medios califican ao nacionalismo galego de facer apoloxía do terrorismo.Claro está, o tipo de berros "así che peguen un tiro" ou a lindeza "a ver se che estoupa o coche" non son como pra andalos dicindo publicamente,é dicir, hai que empezar a diferenciar unha protesta dunha xuntanza de lobos ouveando.As consecuencias de todo isto van máis alá das medidas tomadas pola USC.Ante un proceso electoral, o dano que se causa ao movemento naciobnalista con este tipo de accións é case de carácter irreversible.Quizais haxa que plantexarse,se este dano é intencionado dende algúns grupos, por vontade propia ou por estaren manipulados cara estas accións desmandadas.
O resultado é que unha vez máis somos carne de cañon para os medios de comunicación e presinto que a moitos lles acaba compensando, pero pola miña banda non apoiarei actos que se convirtan en grescas e nos que se poidan chegar a dicir barbaridades como as que antes citei, literalmente, por se non quedou claro ou alguén dubida da miña capacidade auditiva.
Que resaltar, por se acaso, que o feito de que non apoie isto non significa, nin moito menos, que non considerara necesaria unha concentración ante o feito de que se produza unha conferencia con claro carácter politikeiro dereitoso nunha universidade pública, e ademais unha conferencia ofrecida pola supervítima do terrorismo, San Gil... mira como choro.Para rematar quero lembrar que a pesar de todo isto, hai que posicionarse contra a expulsión desta xente da universidade, porque do contrario estariamos amparando unha explulsión por cuestións políticas, repito, nunha universidade pública.Non podemos permitir que se apliquen medidas fascistas no noso sistema universitario...

sábado, 9 de fevereiro de 2008

A política social dos eufemismos


Pizarro alerta de que el sistema de bienestar peligra si aumentan los irregulares
El 'número dos' del PP afirma que "hay que recibir a todos, pero ni uno más"
.

Comezamos por invadilos, roubándolles todo canto puidemos... matámolos e escravizámolos.Como vedes séculos máis tarde vólvese producir un intento de selección de base racista.Os que veñan de fóra serán examinados, din que para comprobar o nivel de integración etc... en fin.
Neste século xa non lle miramolos dentes, a ver se os teñen todos, nin facemos unha revisión de piollos, pero ao que nos pareza que non vale, botámolo fóra, porque matalos iría contra os nosos queridos dereitos humanos, dos que tanto botamos man, menos cando non nos interesa... bueno unha selección racial tampouco vai contra eles.. e que senón veñen moitos, e o estado español escora co peso.
Esta é a gran política social europea, que tanto alardea de integración plena... unha europa sen fronteiras (sen fronteiras pra ken?). Pero señores aos negros,árabes, latinos etc.. hai que examinalos, non vaia ser que non sirvan pra cargar caixas de tomates, limpala merda que non queremos, ou ir ao mar por catro pesos.
Falemos claro e chamándolle ás cousas polo seu nome,isto non é integración senón que é racismo, unha herdanza cultural que todos temos interiorizada en cada acto, mirada e opinión que emitimos sobre unha persoa que non sexa da nosa tribu.
"Hombre hai de todo, pero bueno...."

segunda-feira, 28 de janeiro de 2008

domingo, 27 de janeiro de 2008

segunda-feira, 14 de janeiro de 2008


Preséntovos ao coello que acabo de adoptar. a que é bonito? xD
Por certo, chámase Miau ;-).
www.miconejo.net