quinta-feira, 27 de setembro de 2007

Amor dos dezasete


O nerviosismo move o motor que me leva até o descoñecido,
o tempo non pasa até chegar á minha liberdade,
loucura dun segundo.
Entre estas paredes infantís móvense moitas palabras que non din nada,
só ocupan o tempo para chegar á nosa liberdade,
á túa loucura e ao meu medo.
Mirando pra o vacío, as palabras son silencio e o dia faise noite,
só se ve o fume que sae das nosas bocas,
que desexan xuntarse pra logo separarse,
até que volva esa loucura de nenos con medo, pero coa felicidade do abrigo dun e dunha descoñecida.
Essas paredes faran eternos os debuxos do fume
que escrebía nelas a eternidade dese momento que non volverá.


Noa 2002

terça-feira, 25 de setembro de 2007

Grupo Norfolk



Acabo de incorporar uns novos enlaces que vos levarán ao grupo Norfolk.
Entrade,remexede e escoitade... non ten desperdicio.

segunda-feira, 24 de setembro de 2007


Vai desaparecendo todo o meu mundo,
o que tanto esperara dende nena.
Neste naufraxio agárrome ao pouco que sobrevive entre a oleaxe,
sabendo que ese anaco de recordo non me manterá a flote,
porque a miña soidade cada vez é máis pesada.
Algún día volverei a soprar as palabras que suxeitan o meu corpo,
pero por agora absorberei as ideas,
que me empuxan cara o fondo das miñas bágoas,
cando o silencio me rodea entre o murmullo da masa.
Ese silencio é o que leva gardado o eu,
que chegará a morrer se o papel o arrastra mar adentro.

quarta-feira, 19 de setembro de 2007

II Festival da mocidade en Vilar de Santos



Para máis información consultade no vínculo do Centro Social Aguilhoar.Alí atoparedes unha programación e así botades unha ollada a esta iniciativa tan noviña.
Entrade e colaborade!!

terça-feira, 18 de setembro de 2007

Fronteiras infindas


Alguén che falou de futuro,

de algo mellor para os teus.

Cruzache sobre un ataúde remando cara unha promesa.

Viñeche a facer o que nos non queremos,

converténdote nunha mercadoría,

e perdendo o nivel de persoa a cambio de ter sobrevivido.

Nos, con memoria a curto prazo, facémoste invisible,

e no mellor dos casos un ser ínfimo merecedor da nosa desconfianza.

Chamámoste pola tua cor porque o nome tal vez nin o recordemos,

só eres o antigo colonizado que invade agora as nosas costas,

esas que están de espaldas a ti.

As nosas fronteiras foron pechadas,

converténdose nas portas dunha cárcere de escravos,

ao mesmo tempo que o soño europeo chega a ser o teu pesadelo,

ou a tua morte a máns dos que te esperan á beira do mar coas redes preparadas.

sexta-feira, 14 de setembro de 2007

Dun 27 de agosto de 1984 a un de 2007


Recórdote alí, sentada na pedra e rodeada daquela brisa de frialdade.

Agora véxote cun ser entre os brazos, unha vida creada por ti,

e esvaécese aquela nena loira que un día abandonou o seu presente pra crear un futuro.

Pasache unha barreira que aínda non son capaz nin de albiscar,

quizais sexa por miopía, xa sabes que nunca vin ben.

Non sei o que significaricará a felicidade que nos amosan naquel cadrado que teño instalado na sala.

Só espero que para ela sexa iso, un 27 de agosto,

23 anos despois de eu ser creada para atoparme contigo.

Nunha desas longas tardes de levantar mil veces o teléfono,

botei conta do camiño de cada un.

Os nosos regueiros de adolescencia bifúrcanse,

para só se atopar nunha desas casualidades de supermercado,

do que cambiado estás, que tal che vai a vida...

Non sei se eu teño camiño polo que poder alonxarme e reinventarme,

por agora paréceme encontrarme con él de cada solsticio,

para logo botalo de menos acurrucada entre a miña manta dos recordos.

A miña vida está lonxe do meu ser,

e o medo de que a brúxula da existencia non estea da miña parte,

invádeme a cada chamada fallida.

sábado, 1 de setembro de 2007

El señor de los lerus

Por fin conseguín atopar este video que vira xa fai algúns anos perdido pola rede.Mapashito é un fenómeno o tio xD.

Espero q vos guste e a algúns supoño q lles traerá recordos.

Corre corre que t`arcansooo!!