segunda-feira, 22 de setembro de 2008


Inmersa na súa rutina,
sentouse naquela mesa disposta a escoitar o que tiña que dicir.
As palabras atravesaron os seus poros,
até instalarse nun anaco descoñecido da súa alma.
Había tempo que non lle batía o corazón.
Quizais morrera aos vinte.
Agora ese fluxo traía á súa pel,
os desexos dos que fora despoxada cunha simple declaración de intencións xa antiga.
Repetiuse cada día que non lle conviña,
que aquel devorador de ideas era imaxinario.
Imaxinou un novo futuro,
de miradas cargadas das cousas que non aprendemos a dicir,
de sorrisos baleiros de máscaras protectoras,
a súa única gran especialidade,
dende algún momento que xa non recordaba.
E agora que?
Só podía seguir xogando,
até que as palabras murchasen…
ou podía espertar.