domingo, 16 de novembro de 2008

Os tempos son chegados


Bautista Álvarez renuncia á presidencia da UPGNo discurso de apertura do 'conclave' avisa o BNG do "risco" de ver o poder como unha "carreira de méritos", e critica a actitude da socialdemocracia ante a crise ao cualificala como "esquerda domesticada".


O presidente da Unión do Povo Galego (UPG), Bautista Álvarez, anunciou este sábado en Compostela que non vai continuar á fronte da súa actual responsabilidade, presidente do partido, durante o discurso que pronunciou na sesión de abertura do XII Congreso Nacional do partido, integrado no BNG. Bautista Álvarez é presidente da UPG dende 1977.O histórico dirixente da Unión do Povo Galego vinculou a súa decisión a "motivos de carácter persoal" que, segundo expresou, aconsellan que se retire do "primeiro plano político". O histórico nacionalista xa lle comunicara esta decisión hai máis de quince días ao Comité Central, órgano que tamén tomou a decisión de deixar vacante a Presidencia.
"Superación autodeterminista"

No seu discurso ante uns 1.200 militantes, Bautista Álvarez advertiu dos "riscos" que se poden derivar de que o nacionalismo conciba o poder político do país dende unha perspectiva "simplemente de xestión ou de carreira de méritos biográfica e non de transformación da realidade".Tamén recalcou que o marco autonómico ten "enormes limitacións" e que, polo tanto, a súa "superación autodeterminista" debe orientar "sempre" o movemento do nacionalismo. O dirixente fundador da UPG referiuse, neste senso, a episodios "clave" na conformación do nacionalismo contemporáneoRefundar o socialismoBautista Álvarez animou ademais os militantes a traballar politicamente para superar o capitalismo por ser "un modo de produción contrario aos intereses dos pobos e da Humanidade no seu conxunto"."Non é preciso botar man dos teóricos marxistas para demostrar que as turbulencias nos ciclos produtivos non son froito da casualidade nin de conmocións erráticas producidas por a guerras, incidencias políticas ou cambios demográficos", proclamou Bautista, e engadiu que "son propias das economías industrializadas do sistema capitalista".Tamén considerou que no actual contexto económico, o movemento nacionalista debe "aproveitar a crise para refundar o socialismo". Neste senso, o presidente da UPG criticou con dureza a actitude da socialdemocracia ante a crise ao cualificala como "esquerda domesticada".Logo do seu discurso, os congresistas debateron en comisión as emendas presentadas ás teses a debate, que serán aprobadas este domingo.

http://www.vieiros.com/nova/70291/bautista-alvarez-renuncia-a-presidencia-da-upg

sábado, 8 de novembro de 2008

Á Conxurada




A verdade é que non parei a escribir nada ,nin pensei en facelo.Espero que o que che deixo aquí che sirva.Non é gran cousa , pero sempre que pensei que non ía dar seguido só tiven que cantala polo baixiño, só pra min ;-)