quarta-feira, 19 de março de 2008

Mentiroso, mentiroso

Colgo esta entrevista de Iván Ferreiro, non por nada en especial, senón porque me parece interesante a visión que ten sobre a música, o concepto de artista, do público... en fin, vos diredes.

segunda-feira, 10 de março de 2008

Sinforosa




Despois dun anaco de queixo fresco,
saías do teu recuncho,
buscando coa ollada á pícara que enredaba cos xoguetes na porta da cociña.
Traías para ela un trato musicado coa túa voz,
"Nena heiche ensinar a bailar para cando vaias aos mozos".
Levantándoa da súa silliña de madeira,
comezaba a cantarear un pasodobre.
A nena enganchaba os dediños entre as súas mans,
dando voltas,
xirando a paso silencioso entre a cociña de leña e a de gas.
Fóra, os cans, subidos nas escaleiras do patio,
levantaban as orellas e contemplaban atónitos aquel novo espectáculo.
A nena seguía o ritmo dos susurros harmónicos,
procurando imitar cada paso.
Daquela aínda non sabía que aquelas mans vellas,
lle ensinarían a bailar pasodobre na súa memoria,
até que a música esmorecese para sempre.



Noa (2008).A meu avó Manuel