sexta-feira, 30 de novembro de 2007

Vídeo veciños do Eixo

Indulto xa!!



Copio o texto íntegro do manifesto lido na concentración do 29 de Novembro, escrito por Lois Calvelo, e lido por Xosé Manuel Bocija:

Compañeiras e compañeiros:

Mañá, día 30 de novembro, cúmprese un mes desque entraron na prisión de Teixeiro os tres membros do movimento veciñal, Simón, Jesús e José.

É polo tanto para nos un dia triste, no que certamente nos sentimos abatidos, porque consideramos que estos tres veciños da nosa zona, non son merecedores desta inxustiza manifesta.

Pero unha cousa e sentirnos mal, e outra ben distinta, é saber, que nos asiste a razón. Por eso loitamos. Por eso queremos que Simón, Jesús e José, pasen o Nadal coas súas familias e nas súas respectivas casas.

Estos dias ándase a falar dunha probable liberdade condicionada, como fórmula para sair de Teixeiro. Temos que dicir, que a respetamos. Pero tamén debemos afirmar, que non a compartimos.

Porque para nos. Para o tecido asociativo de Compostela e comarca. A única figura e a única fórmula posible, aquela que colma as nosas aspiracións, só vai pasar, pola concesión de indulto polo Consello de Ministros do goberno do Estado.


Compañeiras e compañeiros:

Moito vos temos que agradecer estos días, a todos e a todas vos, a todos e a todas vos, repito, que nos estades apoiando. Institucións, partidos, sindicatos, Asociacións de Veciños, culturais, todo tipo de organizacións, profesionais, xentes das diversas artes, intelectuais, xentes anónimas. A todas e a todos vos, grazas.

Pero temos que seguir xa que esto non rematou. Temos que seguir co motor acelerado e para diante. Xa entán en marcha novas iniciativas e esperamos que as sigamos compartindo como ata agora.

O domingo, día 2 de decembro faremos aquí mesmo unha concentración de gaiteiros e gaiteiras que expandirán os seus sons por toda Compostela para pedir o indulto.

O venres 14 de decembro ás 8 e media da tarde teremos un espectáculo musical no Auditorio de Galicia, presentado por Xurxo Souto e no que intervirán o dúo Espido, Talabarte trio e Marful

O próximo 16 de decembro, as 12,30 manifestación desde a Alameda á Quintana. Temos novamente a oportunidade de demostrarlle aos tres compañeiros do Eixo, que estamos con eles. Esta vez, queremos que a praza da Quintana se quede pequena para amosarlles o noso apoio e solidariedade. Unha vez mais, todos e todas xuntos, ímolo conseguir. Imos loitar, para que pasen o Nadal nas súas casas.

Indulto xa, para os do Eixo



http://ostresdoeixo.info/blog/

sexta-feira, 23 de novembro de 2007

Pantasmas


Non sabe moi ben como caeu outra vez alí,
aquilo xa tiña que ter pasado para ela,
pero decideu entrar de novo no círculo das súas pantasmas.
Case todo era descoñecido,
excepto os seus medos.
Polas neboentas rúas da cidade eternamente mollada,
camiño do seu refuxio,
sentiu que aínda lle batía o corazón do mesmo xeito que invernos pasados.
Os recordos achegábanse a ela en cada cruce de camiños,
véndose incapaz de esquivalos,
como aprendera durante a súa nova vida fóra de Monique,
aquela que agora voltaba para recordarlle o tipo de existencia que sempre desexara.
Tomou un novo rumbo asegurado a todo risco,
ao que non renunciaría como veces anteriores por facer realidade o seu soño,
xa que a peza que faltaba no seu puzzle,
estaba nun taboleiro no que encaixaba mellor.
A nena Monique non falará máis para ela,
porque é consciente de que a vendeu ao prezo máis baixo,
cansada de loitar contra o círculo que non acababa de pechar.

domingo, 11 de novembro de 2007

E porque non calas ti?


Prefiro non poñer a lamentable reacción do señor ese roxete de cara ao q lle chaman o rei, xa que son bastante máis entretidas as imaxes de Chavez poñendo ao bigotes e familia de volta e media.
Borbón deixa o botellón!!