quinta-feira, 27 de setembro de 2007

Amor dos dezasete


O nerviosismo move o motor que me leva até o descoñecido,
o tempo non pasa até chegar á minha liberdade,
loucura dun segundo.
Entre estas paredes infantís móvense moitas palabras que non din nada,
só ocupan o tempo para chegar á nosa liberdade,
á túa loucura e ao meu medo.
Mirando pra o vacío, as palabras son silencio e o dia faise noite,
só se ve o fume que sae das nosas bocas,
que desexan xuntarse pra logo separarse,
até que volva esa loucura de nenos con medo, pero coa felicidade do abrigo dun e dunha descoñecida.
Essas paredes faran eternos os debuxos do fume
que escrebía nelas a eternidade dese momento que non volverá.


Noa 2002

8 comentários:

Anônimo disse...

non o vas crer... pero eu escribín unha cousa parecida que titulei amor dos quince máis dous...
o que son as casualidades ;b

Anônimo disse...

bueno, e o que son tamén os 17...

Noa disse...

A ver se eu vou ser ti, en en realidade somos un experimento xenético xD.
Perdoa e que acabo de botar un pe fora da cama e aínda no cordino.
Agradecida pola visita
Saúdos :-)

Anônimo disse...

Se fas a secundária onde a figeche ti, toleias de vez. E isto é prova palpável.

Noa disse...

Priurbano non sei se ti non estaras tolo tm de facela no mesmo sitio.
Con dicir q non che gusta era suficiente.

Anônimo disse...

Eu a secundária nom, só o bacharelato. E de todos os jeitos, já estava tolo dantes :)

Quem dixo que nom gostasse, ho? Raio de rede!

Noa disse...

Ruben pekeniño! q xa sabía eu q unha mente tan `perturbada só podia ser a tua xDDD.
Ala visitame moito q me fai ilusion, inda q non colge nada q vai ser o máis probable xD.
Bikos

Anônimo disse...

Buá...eu onte sonhei coa colega dos catorze anos. Baixava eu dos montes do Leirom por umhas leiras cheias de naves industriais, e a paisana dava-me umha aperta...umha cousa calidíssima. Mesmo lhe figem umha pitada hoje. Nom sei se será deixar os caroços ou que me vam meter umha cámara no tórax, mas ando com saudade :)

Bicos para ti, e cuida-te