terça-feira, 19 de janeiro de 2010

Diario dun mestrado. Capítulo I



Onte ás 16.00 deu comezo o Mestrado de Secundaria na Facultade de Ciencias da Educación.
Durante esta inaguración o decano desta facultade atreveuse a dicir que igual que sucede cos corpos de seguridade alí estabamos os mellores, non de tódolos itinerarios, pero si dunha maioría deles. Resumindo, veu a dicir que a este máster só pasan os máis fortes ou no seu defecto os que teñan a sorte de cara. Estas son unhas declaracións esperanzadoras para o sistema educativo ... que remataron cunha charla sobre educación e democracia. Democracia? ... si, no se lo pierdan.
Logo de tan grandísimo espectáculo proxectaron un filme de dúas horas ('La clase'). Se despois se dese un debate arredor do contido, non habería problema, pero como non foi así, da a sensación de que simplemente foi unha marxe de manobra de dúas horas para acabar de organizar o imposible.
Falando de imposibles, tamén se nos recordou que non hai nada imposible, só asuntos que levan máis tempo e que ademais temos o deber de investir máis neste mestrado para que avance e tome forma. Pareceralles pouco investimento 1200 euros.
Tamén intentaron tranquilizarnos dicíndonos que non somos coellos de indias, simplemente privilexiados, a primeira promoción de tan bendito sistema. Eu debo ser demasiado lerda porque inda non fun capaz de velo claro.
Para rematala faena xuntáronnos por itinerarios e intentaron explicarnos os nosos horarios, pero claro, houbo algún problemiña porque nonos entenden nin eles.

Agora xa falando dos alun@s deste mestrad@, eses privilexiad@s e seica os mellores dalgunhas especialidades, habería que apuntar un asunto. Dunha persoa intelixente enténdese que ha ser crítica ou que ha tragar con toda canta merda lle boten?.
De 200 persoas que alí había, só unha ducia foi capaz de manifestar o seu desacordo de xeito público, e iso que estaban os rapaces da Assembleia de Filologia ( do resto de organizacións nin a sombra) pra poñérllelo fácil, pero nada chico, ni por esas, alí todo dios calado. Despois na cafetería e polo corredores escoitábanse rosmidos pero alí nin chío, igual pensaban que lles baixarían puntos por amosar publicamente o seu desacordo.

Que xente máis solidaria, oye!.
Non teño praza, logo rosmo. Teño praza, logo calo.

Sen máis, quero agradecer aos rapaces e rapazas da Assembleia de Filologia e de Historia por sacar parte do seu tempo pra solidarizarse cos que seguimos crendo que este non é o camiño, cos que seguimos dicindo, a pesar de ter praza e durmir tranquilos, NON AO MESTRADO DE SECUNDARIA!!



4 comentários:

O Garcia do Outeiro disse...

Concordo completamente, o racionalismo do pós-modernismo (Eu estou bem logo os demais que se fodam) é nojento. Umha aperta

Anônimo disse...

Just make sure your box leaves the impression they have something wonderful waiting for them
inside of it. The company even produces lines for men, pregnant mothers and babies.
The Ped Egg is one of the few infomercial products I've seen that actually works, and it is perfect for sloughing off your worst dried skin.

Look at my website - Beauty

Anônimo disse...

Hurrah, that's what I was searching for, what a material! existing here at this weblog, thanks admin of this web site.

my web blog: top rated electric toothbrush

Anônimo disse...

Ola Noa, enviei unha protesta á administración de Blogger para que revisen o contigo deste blog: http://barconblog.blogspot.com.es/2008/05/el-arquitecto-de-la-globalizacin.html?showComment=1210671660000#c5420269436647304738 por publicaren unha lista de nomes de votantes que en principio era privada e non debería constar como resultado de google cada vez que googleo o meu nome. Vin o teu comentario e supuxen que te interesaría pedir que borrasen o comentario. Saúdos!