segunda-feira, 23 de fevereiro de 2009



De cando en vez boto a vista atrás para ver se queda algo daquel novembro.
Nunca souben se corría máis auga polas ventás da habitación da que esvaraba pola miña cara.
Estou segura de que esa dor só se pode chegar a sentir cando algo morre.
Nese momento, o corazón deixa de bater e perde un anaco pola falta de circulación. A ese anaco eu chameille inocencia.
Circulei como espectro durante días, escribindo versos en cada pedra do casco antigo.
Agora crúzome contigo .... Memento.
Só recordo que ti segues a ter algo de meu, nada máis. A idealización tamén debeu morrer.
Tiña dito que eramos pezas a encaixar nun taboleiro feito á nosa medida.
Non recordo o porqué, como tampouco recordo que cheiro me aguilloaba a razón ate facerme tremer.
Cando consigo volver en min, decátome de que inda fica algo neste caixón da miña memoria que me une á persoa que durante tanto tempo soñei que eras.

2 comentários:

pAspAlhAo disse...

mmmm mmmm tes un certo poder sinestético nas túas palabras, unha certa capacidade para transmitir imaxes sensoriais que me gusta, segue esí Noa, beixos e felicidades anticipadas ou (se tardares en ler isto) atrasadas.

Noa disse...

ei ghraciñas, tarde en lelo porque xa case nen miro o blog ... como ninguén o mira pois eu tampouco xD.
Bikssss