segunda-feira, 22 de setembro de 2008


Inmersa na súa rutina,
sentouse naquela mesa disposta a escoitar o que tiña que dicir.
As palabras atravesaron os seus poros,
até instalarse nun anaco descoñecido da súa alma.
Había tempo que non lle batía o corazón.
Quizais morrera aos vinte.
Agora ese fluxo traía á súa pel,
os desexos dos que fora despoxada cunha simple declaración de intencións xa antiga.
Repetiuse cada día que non lle conviña,
que aquel devorador de ideas era imaxinario.
Imaxinou un novo futuro,
de miradas cargadas das cousas que non aprendemos a dicir,
de sorrisos baleiros de máscaras protectoras,
a súa única gran especialidade,
dende algún momento que xa non recordaba.
E agora que?
Só podía seguir xogando,
até que as palabras murchasen…
ou podía espertar.

6 comentários:

Anônimo disse...

Moito te aburres ostia!!!! hahaha

Un saudiño Noiña oBi

A Conxurada disse...

Gustoume moito este texto, pero do que viña a falar é do fotolog...alí non o podo comentar que como non teño conta....Eu non creo que no caso de Monique se vendese a un prezo moi baixo, eu creo que madurou, pero xa falaremos ti e máis eu desa amiga nosa chamada Monique, si?¿

Noa disse...

yyyyeee paisana q o do fotoló era un texto de decembro... aiii q liada nos montamos eh xDDDDDDDD.
Si madurou, de carallo...
Bicos

albagal disse...

Mola o blogue, saúdos!

albagal disse...

Moi bo texto.

Saúdos!

Anônimo disse...

[url=http://www.ganar-dinero-ya.com][img]http://www.ganar-dinero-ya.com/ganardinero.jpg[/img][/url]
[b]La mejor web sobre ganar dinero[/b]
Hemos hallado la mejor guia en internet de como ganar dinero. Como nos ha sido de utilidad a nosotros, tambien les puede ser de interes para ustedes. No son unicamente formas de ganar dinero con su pagina web, hay todo tipo de metodos de ganar dinero en internet...
[b][url=http://www.ganar-dinero-ya.com][img]http://www.ganar-dinero-ya.com/dinero.jpg[/img][/url]Te recomendamos entrar a [url=http://www.ganar-dinero-ya.com/]Ganar dinero[/url][url=http://www.ganar-dinero-ya.com][img]http://www.ganar-dinero-ya.com/dinero.jpg[/img][/url][/b]