domingo, 4 de maio de 2008

Cruce de illas


Levántome un día máis sen saber se hoxe te verei cruzar a cristaleira que nos leva cara á rutina.
Non sei se tamén hoxe levantarás a vista para me saudar,
cun aceno case acordado nunha primavera alborotada polas présas do que chega tarde.
Camiño polos corredores buscando o cruce por onde chegaba sempre aquela presenza chea de interrogantes,
que me imprimía unha sensación de admiración polo descoñecido,
que parecía estar sempre en min sen eu dar con el entre os arquivos da memoria.
De atopármonos de novo,
non che perdoarei que te rendeses,
sen darnos a oportunidade de seguir mirando a vida dende unha ventá diferente.


p.d: esta é a miña pequena homenaxe, as últimas palabras que che podo dicir porque non fun quen de me despedir de ti, nin ti me deche a oportunidade... simplemente tomache unha decisión que eu non che perdoarei porque necesitabamos que non te rendeses dese xeito, necesitabamoste aínda que non o sabiamos.Boa viaxe compañeiro, non te esqueceremos nunca.

18 comentários:

Anônimo disse...

cruzar a, cara á , cun aceno, mellor aínda que opcional: de atopármonos. Polo demais muito pero que muito ben.
Beixos.

Anônimo disse...

Aínda hai máis: présas que non é o mesmo que presas, e outra suxestión : sen dármonos.
Máis beixos.

Noa disse...

titiña dármonos non, pq nese caso estaria falando de algo recíproco e non é así.El danos a nós... ou aos que quixeron ser dados por el.
Présas... si e nin o vira.
Búscalle un título pq eu non me atrevo, quizais este fose un dos textos que tiven máis medo de poñerme a facelo.

Anônimo disse...

Insisto non pode ser "cruzala cristaleira" ou é cruza-la cristaleira ou é cruzar a cristaleira.
Insisto "xesto" = castelanismo o correcto é "aceno".
Insisto" cara á", "non cara a".

Noa disse...

Corrixido.Quedou perfecto, dentro das posibilidades.

Anônimo disse...

Posibles títulos: "Acenos sen marco", "Acenos cruzados"
"Primavera de acenos apresurados"
Beixos

Noa disse...

mmm non sei, non se axustan ao fondo do texto.Terei que seguir pensando ou facer outro.

A Conxurada disse...

Menudo debate lingüístico, jeje.

bicos.

Noa disse...

cando o texto non dá pra máis...
Bicos

Anônimo disse...

Ei, Ei Ei !!! que é iso de minosvalorarte, diso NADA, o texto é moi fermoso e literariamente Bon, outra cousa é a lingua, asimmmqueeeeeeeeeeeeeeee
Bicazos
Ah é SON OBXECTIVA COÑE¡¡¡¡

Noa disse...

"é" eres obxectiva? jajajajaj ai bueno logho todo se pega.
Titiña non eres obxectiva, nono podes ser ;-).Sigo sen título e non penso noutra cousa.
Conxurada valería "Terrorist"?.Ai como o boto de menos :(
Bicos

Anônimo disse...

Vale , mala pécora!!! xa me dei conta puxen un acento ao revés,pero ben se ve que foi un despiste.Pero queres guerra, pois aí vai: "eres", "bueno","nono".

ELEEEEEEEEEEEEEEEEEE

Anônimo disse...

"TerrortiT" jijirijiiiiiiiiiiiii
Menuda FRIKI

Noa disse...

titiña canta razón tes.. si meto cada unha q dá medo.
Si terrorist, a conxurada sabe do q falo, ou espero q se acorde pq cousas así non se vían tódolos días, de non ser en filoloxía q somos algo frikis todos, xa cho explicarei.

Anônimo disse...

Se lle pos ese título ti e máis eu entenderíamolo, pero creo que outro título sería máis apropiado...pero aínda non sei cal, deixame pensalo.

A Conxurada

Anônimo disse...

Voume permitir unha pequena lecenza:
Pídoche que desde o teu Blog invites a asinar O Manifesto da MESA e/ou o Manifesto de AGAL para o día 18 de MAYO "MANIFESTACIÓN EN COMPOSTELA POLA NOSA LINGUA"
Muito obrigada sobriñiña.
Beijos

Anônimo disse...

Siiiiiiiiiiiiiiiiiii vale! debe pór "licenza" e "maio"
Beijos jijijijijiriiiiiiiiiiiiiijiiiiiiiiiiiiiiii

Noa disse...

jajajjaaj vale xa o poño pola noite que agora estou no psiquiátrico.
O de non caghala resulta complicado eh xDDD