sábado, 9 de fevereiro de 2008
A política social dos eufemismos
Pizarro alerta de que el sistema de bienestar peligra si aumentan los irregulares
El 'número dos' del PP afirma que "hay que recibir a todos, pero ni uno más" .
Comezamos por invadilos, roubándolles todo canto puidemos... matámolos e escravizámolos.Como vedes séculos máis tarde vólvese producir un intento de selección de base racista.Os que veñan de fóra serán examinados, din que para comprobar o nivel de integración etc... en fin.
Neste século xa non lle miramolos dentes, a ver se os teñen todos, nin facemos unha revisión de piollos, pero ao que nos pareza que non vale, botámolo fóra, porque matalos iría contra os nosos queridos dereitos humanos, dos que tanto botamos man, menos cando non nos interesa... bueno unha selección racial tampouco vai contra eles.. e que senón veñen moitos, e o estado español escora co peso.
Esta é a gran política social europea, que tanto alardea de integración plena... unha europa sen fronteiras (sen fronteiras pra ken?). Pero señores aos negros,árabes, latinos etc.. hai que examinalos, non vaia ser que non sirvan pra cargar caixas de tomates, limpala merda que non queremos, ou ir ao mar por catro pesos.
Falemos claro e chamándolle ás cousas polo seu nome,isto non é integración senón que é racismo, unha herdanza cultural que todos temos interiorizada en cada acto, mirada e opinión que emitimos sobre unha persoa que non sexa da nosa tribu.
"Hombre hai de todo, pero bueno...."
Assinar:
Postar comentários (Atom)
13 comentários:
Nós nom invadimos nada. Nós somos galegos. Nós fomos invadidos.
esfameado, nos invadimos coma os demais pq parece q algun xa non recorda q carallo ian facer moitos a outros países axudando aos espanhois.Ser galego non é certificado de inocencia.A parte diso, referíame aos occidentais.
Non busques o resorte pra saltar.
Por essa regra de três, os afroamericanos estám a invadir o Iraque. E os equatorianos (esses invadidos dos que falas) ocupam o Afeganistám como integrantes do exército espanhol.
Como sujeito nacional, nunca os galegos invadimos nada. Vale que tenha havido hispano-galegos sipaios que tenham colaborado com Espanha. Mas a Galiza como tal nunca invadiu nada.
Eu só som galego, portanto o "nós" no que eu me reconheço nunca ocupou outro país, se nom tés em conta a andrómena essa do livro das invasons de Irlanda, claro.
Eu nom procuro resorte nengum, só dou a minha opiniom. Por outra banda, umha minoria de hispanoamericanos desrespeitosos coa nossa língua age como umha verdadeira invasom espanhola na Galiza. E no meu país ninguém bota umhas risas a conta da minha língua, nem branco nem preto nem amarelo. Reitero, umha minoria de espabilados com ares de superioridade hispana. Que nom paguem justos por pecadores.
Saúde e Terra.
O nos coólleo como mellor te faga sentir, eu prefiro, inda que non me guste, declararme culpable ante certos asuntos, porque sei q dun xeito ou doutro tamén o son.Cada un pon a venda que máis lle gusta.
O galego xa ten no seu léxico trazos racistas.Forma parte dunha tradición cultural e non é prudente negala.
Por certo a nosa situación é a nosa, pero é importante falar da situación dos outros para non pecharnos sobre nós mesmos.Prefiro non mesturar o noso problema co que teñen os imigrantes no estado español, porque para min son dous asuntos feitos cun tecido totalmente diferente.
Non pagan xustos por pecadores, só se trata dunha simple reflexión, pero unha reflexión sen botar balóns fora, senón asumindo responsabilidades históricas, o que aos da nosa tribu tanto nos costa.
Bikos pekeno
Oe Noa ,eu concordo co "esfameado".
Penso que tes moita forza nas túas convincións pero penso que che falta análise pragmática,certo é que ser galego/a non é cerficado de inocencia pero hai que ter en conta a realidad política "somos unha colonia de España" polo tanto non actuamos como país libre senón como dependente, a análise ten de ser outra ben distinta da que ti fas.
Non lle quito a razón a esfameado, simplemente que non quero basearme en cuestións dese tipo para desfacerme de responsabilidades "ai é que foron eles, nos non somos españois".Ben até aí todo perfecto, nos como galegos non participamos, pero coma individuos occidentais si.Desvíase o tema unha vez máisEu non falo de responsabilidades nacionais, senón de individuais e dun fenómeno que se nos bota enriba e do que asimilamos as súas consecuencias con naturalidade.
Por certo esfameado, si os equatorianos están no exército,e logo os galegos non? mira q en pontevedra haiche un mundo deles... ou eses non son galegos?.Non sei que distinción de galegos farás ti, pero se ten unha orixe ideolóxica a min xa non me vale neste tema,inda que quizais en outros sería a máis acertada.
Non esquezamos a orixe do post para discutir a ver quen invade a quen ou se nos somos invadidos, invasores ou simples espectadores do baile.
Como indivíduo, cada um é ele mesmo. Nem ti nem eu invadimos nada como indivíduos. E o colectivo do que fazemos parte (o Povo Trabalhador Galego) tampouco. Entom nós nom invadimos nada, nem individualmente nem fazendo parte dum colectivo.
Que é ocidental? Que é ocidente? Marrocos é mais ocidental do que Alemanha e segundo eu cheiro, os magrebis nom os metes no saco dos "ocidentais".
Eu nom tenho responsabilidade individual nem "nacional" em invasom nengumha, e ti também nom. A respeito dos soldados da BRILAT e demais, já che dixem o que som aos meus olhos: sipaios colaboracionistas galaico-espanhóis vendidos ao Estado que nos invade. Também os bascos, os irlandeses e os cubanos, ponho por caso, pelejárom ou pelejam contra coterráneos seus.
Desculpa o repetitivo e aborrecido da minha argumentaçom. Estou que caio co sono.
Saúde, e que viva a futura República Galega, livre e socialista!
Bicazos, Noa :)
Nena, créaches polémica, pásate pola miña blogue a ler o último post, eu non sei porqué quedei satisfeita con el, pero xa me contarás que opinas ti.
Beijo
Gosto deste "esfameado" sí señor! así se razoa, estou totalmente de acordo.
Viva Galiza Libre e Republicana.
Incluso non estando dacordo co pekeno, esfameado, da gustiño discutir con el ;-)
POis se non che gustan os sociatas , non lles fagas campaña.
Ou é que non te enteirasches que é época de eleccións. Ai, ai, ai ...
anónimo deixa os comentarios onde corresponden oh, q despois teño q andar buscando polo blog adiante.
E dalle coa campaña meu, a ver se nos centramos: concello de Teo, jano versus martiño, blog contra Jano.. si si claro do psoe de toda a vida pq como son parvos fanse a contracampaña.O q lle falla ao blog é o nome pero polo demais estache ben claro de q pé coxea o persoal.
Non sabía q andabamos en campaña, pensei q só estaban os americanos, ghrasias por avisar q eu inda non notara nada.
Saúdos ;-)
Estades coma o puto carallo, non sabedes donde tedes o cú. Que Galiza é unha colonia española? Dende cando? é a primeira noticia que teño, canta poboación vivimos na ignoracia, esto asustoume un ovo¡¡¡¡ non o último senón o da colonia. Que ue saiba aínda formamos parte do estado españoil e se non nos gusta e somos tan correctos como carallo collemos os cartos do estado e pedimos mais xa que estamos desfavorecidos? Nada esto ten unha solución temos que poñer fronteiras, e a ostias con aquel que non sexa galego, pero se e xaponés e o fala a mín me val. PD: tiñan que matarvos a todos por falar de cousas que non tedes nin puta idea. DENDE AQUI UN NEGRO.
Postar um comentário