quinta-feira, 14 de fevereiro de 2008

Eramos poucos e pareu a burra


Onte moitos de nos saimos da nosa burbulla do estudo, para atoparnos de fronte co espectáculo mediático montado a raíz da concentración de económicas.
Entre os cruces de acusacións de se foron os escoltas ou a xente xa viña quente da casa, os medios califican ao nacionalismo galego de facer apoloxía do terrorismo.Claro está, o tipo de berros "así che peguen un tiro" ou a lindeza "a ver se che estoupa o coche" non son como pra andalos dicindo publicamente,é dicir, hai que empezar a diferenciar unha protesta dunha xuntanza de lobos ouveando.As consecuencias de todo isto van máis alá das medidas tomadas pola USC.Ante un proceso electoral, o dano que se causa ao movemento naciobnalista con este tipo de accións é case de carácter irreversible.Quizais haxa que plantexarse,se este dano é intencionado dende algúns grupos, por vontade propia ou por estaren manipulados cara estas accións desmandadas.
O resultado é que unha vez máis somos carne de cañon para os medios de comunicación e presinto que a moitos lles acaba compensando, pero pola miña banda non apoiarei actos que se convirtan en grescas e nos que se poidan chegar a dicir barbaridades como as que antes citei, literalmente, por se non quedou claro ou alguén dubida da miña capacidade auditiva.
Que resaltar, por se acaso, que o feito de que non apoie isto non significa, nin moito menos, que non considerara necesaria unha concentración ante o feito de que se produza unha conferencia con claro carácter politikeiro dereitoso nunha universidade pública, e ademais unha conferencia ofrecida pola supervítima do terrorismo, San Gil... mira como choro.Para rematar quero lembrar que a pesar de todo isto, hai que posicionarse contra a expulsión desta xente da universidade, porque do contrario estariamos amparando unha explulsión por cuestións políticas, repito, nunha universidade pública.Non podemos permitir que se apliquen medidas fascistas no noso sistema universitario...

3 comentários:

Noa disse...

Choverán as críticas.. e serán recibidas como augha de maio.
Al ataquerrrr!!!

Anônimo disse...

Era xente contratada polo PP de galicia e cia. estaba claro

Noa disse...

a ver cotratados dou fé de q iso xa é demasiado.A xente estaba facéndolle o traballo sucio a outros, coma sempre q se dan este tipo de espolios.O problema está en que estas marionetas non paran a pensar no q poden estar facendo.A San Gil marchou dalí frotándose as mans, xa tiña a campaña ben feita en Galiza e os naciolanistas eramos todos pouco máis q asasinos.Sonche as consecuencias de facelo parvo e inda por riba facelo mal.