segunda-feira, 18 de fevereiro de 2008

Diario de abordo escrito en terra


O futuro era incerto,
pero Laila enrolouse naquel navío dos seus recordos.
Sabía que o momento da chegada a Porto Calmo estaba lonxe.
Nada lle impediría seguir debuxando estrelas de cinco puntas a cada amencer,
deitada sobre a madeira quente do desexo.
O fracaso estaba sempre presente,
na nebulosa de pensamentos que a observaba desafiante,
aínda así, lograría que os seus medos,
fosen o ronsel daquela aventura.
Tódalas tormentas pasadas,
son agora a luz intensa da experiencia.
Tirou da áncora da súa inseguridade e izou as velas.

4 comentários:

Anônimo disse...

Oe Noa había tempo que non te visitaba ,gótame moito isto que ves de escribir. Coma sempre Moitos Parabéns!!
Que che pasou ,porque pos ese aviso para navegantes ?? Ben xa me contarás.

A Conxurada disse...

Encantoume este texto, un bicazo

Noa disse...

Boas tia ferrolana ;-), alégrome de que che gustase, inda q é pouca cousa.
O aviso pra navegantes tíveno que poñer pq algúns comentarios estaban a punto de irse de tono, e como non me apetece que me tomen o pelo terei que censurar cando o vexa necesario.
Conxurada xa ves que en calquer momento pode aparecer calquera cousa no blog xD, e desaparecer tamén.Tm me alegro de q che gustara.A ver se desta vez non tardo tanto en escribir algo novo.
Bikos pras dúas

Anônimo disse...

parabéns
gostei muito do "diario de abordo"

A seguir trabalhando nas letras