O Claustro da UDC rexeita por unanimidade a subida de taxas
Considérana un "elemento de exclusión que redunda na desigualdade" e que leva "unha privatización encuberta".
O Claustro da Universidade da Coruña (UDC) opúxose esta quinta feira por unanimidade á subida das taxas de matrícula do Sistema Universitario Galego no curso 2007-2008, xa que considera que supón "un elemento de exclusión que redunda na desigualdade de oportunidades ao acceso e a continuidade na universidade".
Os membros do Claustro abordaron o tema a petición dos estudantes, e declaráronse "en contra" por supor unha "carga" para as familias que, ademais de "discriminar e penalizar" aos estudantes, non supón un incremento nas bolsas, nin a mellora da calidade dos servizos e leva "unha privatización encuberta".
Os representantes dos estudantes, profesores e persoal de administración e servizos da UDC aprobaron nun texto conxunto onde solicitan que o financiamento das universidades -"públicas e de calidade"- se sustente nos orzamentos xerais. Xa que logo, instaron á administración a "tomar medidas para frear a subida".
Neste senso, os Comités Abertos de Escola e Facultade (CAF) convocaron unha folga para o 29 de abril nos sete campus do país, para "evitar" que a Consellaría de Educación "volva decretar unha subida de taxas".
Para ver a noticia:http://www.vieiros.com/nova/65958/o-claustro-da-udc-rexeita-por-unanimidade-a-subida-de-taxas
Assinar:
Postar comentários (Atom)
3 comentários:
Non fas nada agora tou escribindo dende o mobil
xD xa sei q non facía nada e ti inda facías menos pq chafullar no mobil non debe dar moito traballo.
Taban ricos os bistés
ME CASCO GRANDES PAJOTES
Postar um comentário