sexta-feira, 14 de setembro de 2007


Nunha desas longas tardes de levantar mil veces o teléfono,

botei conta do camiño de cada un.

Os nosos regueiros de adolescencia bifúrcanse,

para só se atopar nunha desas casualidades de supermercado,

do que cambiado estás, que tal che vai a vida...

Non sei se eu teño camiño polo que poder alonxarme e reinventarme,

por agora paréceme encontrarme con él de cada solsticio,

para logo botalo de menos acurrucada entre a miña manta dos recordos.

A miña vida está lonxe do meu ser,

e o medo de que a brúxula da existencia non estea da miña parte,

invádeme a cada chamada fallida.

2 comentários:

A Conxurada disse...

Xa ía sendo hora, non?? Jeje, ben, toma o meu relevo, que me vou de retiro espiritual e alá os deuses da rede non chegaron. Beijos

Noa disse...

Antes de marchar intentarei que o fagas cunha imperiosa necesidade de durmir e deskansar pq hoxe non che vai ir o conto por aí xD.
Volve con ideas novas a ver se me contaxias un pouco.
Bicos becho