sexta-feira, 14 de setembro de 2007

Dun 27 de agosto de 1984 a un de 2007


Recórdote alí, sentada na pedra e rodeada daquela brisa de frialdade.

Agora véxote cun ser entre os brazos, unha vida creada por ti,

e esvaécese aquela nena loira que un día abandonou o seu presente pra crear un futuro.

Pasache unha barreira que aínda non son capaz nin de albiscar,

quizais sexa por miopía, xa sabes que nunca vin ben.

Non sei o que significaricará a felicidade que nos amosan naquel cadrado que teño instalado na sala.

Só espero que para ela sexa iso, un 27 de agosto,

23 anos despois de eu ser creada para atoparme contigo.

2 comentários:

Suso Lista disse...

Estes toxos están cheos de chorimas. Bonito homenaxe.

Noa disse...

Moitas grazas polo comentario Suso.
Intentarei que estes toxos teñan algo interesante que contar máis habitualmente.
Seguide deixando as vosas críticas que son as que fan andar o blog.
Saúdos :-)