Volvín buscar aquel sorriso do comezo,
a sensación de formigueo no meu ventre,
e saiume a través das pupilas un quérote asasino,
asasino da miña conciencia, no caso de ela ter existido.
Desexei que os minutos freasen,
para poder perder o pouco que me quedaba.
Loitei contra as voces incansables,
contra os portadores da moral,
pero deixeime evaporar por elas.
Cinco lúas de combate aberto,
de xustificacións e de egoísmos sexuais.
Fuxir con él!
Esconderme da miña angustia,
e disfrazarme de felicidade,
era a estación na que tiña que baixarme.
Equivoqueime de parada e volvín á realidade,
e ao deixar as maletas no chan,
descubrín que aquela realidade desaparecera,
e con ela a miña inocencia.
2 comentários:
opa Noa! noraboa polo blog.
Son Primo (de Rivera) jeje
Bicos desde London Town
Boas primo (de Rivera xD).
Espero q sigas entrando por aki e que che guste ou polo menos que remates de ler o que vou colgando.
Bikinhos pra Anxela tamén.
Postar um comentário