Chamarlle “baboso” a un concelleiro: 120 euros; manter a foto de Franco na Alcaldía non ten prezo
O Xulgado de Ribadavia multou ao alcalde de Beade, Senén Pousa, por insultar un edil do PSdeG.
A política no municipio de Beade (O Ribeiro) vívese doutra maneira. O seu alcalde, Senén Pousa (PPdeG), goberna con man firme o consistorio dende antes do pasamento de Franco. O rexedor non oculta a súa profunda admiración polo ditador a quen ten en forma de foto no despacho e por quen bota cada 20 de novembro un cabodano. A oposición, formada por dous concelleiros do PSdeG, denuncia que Pousa manda no Concello como quen dispón dunha tenza de terra.As malas relacións coa oposición resólvense no xulgado. A última sentenza obriga ao alcalde a pagar, ademais das costas do xuízo, unha multa de 120 euros por terlle chamado “baboso” ao concelleiro socialista Miguel Ángel Carreiro. O suceso tivo lugar o pasado 25 de setembro. O edil opositor acudiu ao consistorio acompañando a unha veciña. Segundo lle explicou Carreiro a Vieiros, achegouse coa afectada a facer as xestións porque esta lle dixo que tiña medo a ir soa até a Casa do Concello. A discusión entre a veciña e o alcalde comezou axiña e durante a mesma foi cando se proferiron os insultos contra o concelleiro socialista.Un muncipio de 560 veciños gobernado por dous irmánsO apelido Pousa copa o e executivo local. Nun municipio de só 560 veciños, e cunha poboación moi envellecida; o irmán do rexedor, Antonio Pousa, é á súa vez tenente de alcalde e responsábel de Obras.As “excentridades democráticas” de Senén Pousa son continuas e algunhas das súas declaracións “épicas”. Algunhas das súas últimas “boutades” do rexedor púidose ler nunha entrevista en Faro de Vigo: “Xa quedan poucos españois, e eu son un deles”.
Podedes ver a noticia: http://www.vieiros.com/nova/71297/chamarlle-ldquo-baboso-rdquo-a-un-concelleiro-120-euros-manter-a-foto-de-franco-na-alcaldia-non-ten-prezo
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Um comentário:
O deste alcalde roza o surrealismo
Postar um comentário