sexta-feira, 23 de novembro de 2007

Pantasmas


Non sabe moi ben como caeu outra vez alí,
aquilo xa tiña que ter pasado para ela,
pero decideu entrar de novo no círculo das súas pantasmas.
Case todo era descoñecido,
excepto os seus medos.
Polas neboentas rúas da cidade eternamente mollada,
camiño do seu refuxio,
sentiu que aínda lle batía o corazón do mesmo xeito que invernos pasados.
Os recordos achegábanse a ela en cada cruce de camiños,
véndose incapaz de esquivalos,
como aprendera durante a súa nova vida fóra de Monique,
aquela que agora voltaba para recordarlle o tipo de existencia que sempre desexara.
Tomou un novo rumbo asegurado a todo risco,
ao que non renunciaría como veces anteriores por facer realidade o seu soño,
xa que a peza que faltaba no seu puzzle,
estaba nun taboleiro no que encaixaba mellor.
A nena Monique non falará máis para ela,
porque é consciente de que a vendeu ao prezo máis baixo,
cansada de loitar contra o círculo que non acababa de pechar.

Nenhum comentário: