Cheguei do meu paseo polo paraíso,
e atopeite alí, eras case de xeo.
Pensei que non merecía o abrazo que xa non me ías dar máis.
Os apoios sonme roubados por unha voz estratéxica e medosa de eu ser coma ela.
Quizais non me queira máis que a ti.
Non che direi que te quero para que ti só escoites disculpas, xogos de palabras e mentiras,
porque as miñas non son as únicas que soan con forza.
Pode ser que o aire estea viciado i eu sinto que afogo.
Afogo por protexerte ao respirar eu a túa parte.
Está ben... mentirei e morrerei no teu lugar.
Seguirei arañando coas uñas contra a pizarra por se alguén decide escoitarme.
4 comentários:
Cheguei aquí por mor dun cúmulo de casualidades xD polo que lin tenme boa pinta o blog, así que heiche facer máis visitas ;) (pero non fagas coma min, que son capaz de pasar meses sen actualizalo...)
Um beijo menina!! vémonos en Compos (ou no msn xD)
Encantoume, xa se podía dar por aludida a persoa en cuestión.
Nena, pouco a pouco as cousas volverán ao seu rego, ademáis a todo porco lle chega o seu San Martiño.
Luzinha espero seguir actualizando e para iso a minha vida ten que seguir dando moitas voltas, quizais máis das desexadas.
Ti sigue tamén actualizando o teu blog que está moi interesante, por iso o puxen de link.
Bikinhos e vémonos nas aulas verdes (anatómico-forenses) xD.
Becho hai xente que non sabe ler entre linhas, eu ás veces tampouco sei senón esta entrada nunca tería existido.
O porco xa foi matado e teremos que esperar a outro San Martinho.
Sobrevivirei unha vez máis.
Bikinhos nena ;-)
Postar um comentário