sábado, 8 de novembro de 2008

Á Conxurada




A verdade é que non parei a escribir nada ,nin pensei en facelo.Espero que o que che deixo aquí che sirva.Non é gran cousa , pero sempre que pensei que non ía dar seguido só tiven que cantala polo baixiño, só pra min ;-)

segunda-feira, 22 de setembro de 2008


Inmersa na súa rutina,
sentouse naquela mesa disposta a escoitar o que tiña que dicir.
As palabras atravesaron os seus poros,
até instalarse nun anaco descoñecido da súa alma.
Había tempo que non lle batía o corazón.
Quizais morrera aos vinte.
Agora ese fluxo traía á súa pel,
os desexos dos que fora despoxada cunha simple declaración de intencións xa antiga.
Repetiuse cada día que non lle conviña,
que aquel devorador de ideas era imaxinario.
Imaxinou un novo futuro,
de miradas cargadas das cousas que non aprendemos a dicir,
de sorrisos baleiros de máscaras protectoras,
a súa única gran especialidade,
dende algún momento que xa non recordaba.
E agora que?
Só podía seguir xogando,
até que as palabras murchasen…
ou podía espertar.

sábado, 23 de agosto de 2008

quarta-feira, 11 de junho de 2008

domingo, 8 de junho de 2008

Xuño.Un novo naufraxio


Xa é tarde e aínda revisa as páxinas,
quizais hoxe atope algo.
O maior medo é esquecer a túa cara.
Salta de enlace en enlace,
mirando polo buraco da súa pantalla,
a vida intencionadamente.proxectada.só.pra.min de caras re/coñecidas.
Sempre sentiu que non pertencía a ningures,
deslízase entre a masa sen sentirse atraída.
Son comunidades con linguas argóticas que nin intenta comprender.
Teñen dito antisocial... non creo que non me gusten as persoas.
A ti quérote pero non cho direi.
Pode ser falta de cultura afectiva, tesme reprochado a frialdade.
Ser de outro xeito incomódame.
Autodestrúome e sábelo.

segunda-feira, 2 de junho de 2008

sexta-feira, 23 de maio de 2008