terça-feira, 19 de janeiro de 2010

Diario dun mestrado. Capítulo I



Onte ás 16.00 deu comezo o Mestrado de Secundaria na Facultade de Ciencias da Educación.
Durante esta inaguración o decano desta facultade atreveuse a dicir que igual que sucede cos corpos de seguridade alí estabamos os mellores, non de tódolos itinerarios, pero si dunha maioría deles. Resumindo, veu a dicir que a este máster só pasan os máis fortes ou no seu defecto os que teñan a sorte de cara. Estas son unhas declaracións esperanzadoras para o sistema educativo ... que remataron cunha charla sobre educación e democracia. Democracia? ... si, no se lo pierdan.
Logo de tan grandísimo espectáculo proxectaron un filme de dúas horas ('La clase'). Se despois se dese un debate arredor do contido, non habería problema, pero como non foi así, da a sensación de que simplemente foi unha marxe de manobra de dúas horas para acabar de organizar o imposible.
Falando de imposibles, tamén se nos recordou que non hai nada imposible, só asuntos que levan máis tempo e que ademais temos o deber de investir máis neste mestrado para que avance e tome forma. Pareceralles pouco investimento 1200 euros.
Tamén intentaron tranquilizarnos dicíndonos que non somos coellos de indias, simplemente privilexiados, a primeira promoción de tan bendito sistema. Eu debo ser demasiado lerda porque inda non fun capaz de velo claro.
Para rematala faena xuntáronnos por itinerarios e intentaron explicarnos os nosos horarios, pero claro, houbo algún problemiña porque nonos entenden nin eles.

Agora xa falando dos alun@s deste mestrad@, eses privilexiad@s e seica os mellores dalgunhas especialidades, habería que apuntar un asunto. Dunha persoa intelixente enténdese que ha ser crítica ou que ha tragar con toda canta merda lle boten?.
De 200 persoas que alí había, só unha ducia foi capaz de manifestar o seu desacordo de xeito público, e iso que estaban os rapaces da Assembleia de Filologia ( do resto de organizacións nin a sombra) pra poñérllelo fácil, pero nada chico, ni por esas, alí todo dios calado. Despois na cafetería e polo corredores escoitábanse rosmidos pero alí nin chío, igual pensaban que lles baixarían puntos por amosar publicamente o seu desacordo.

Que xente máis solidaria, oye!.
Non teño praza, logo rosmo. Teño praza, logo calo.

Sen máis, quero agradecer aos rapaces e rapazas da Assembleia de Filologia e de Historia por sacar parte do seu tempo pra solidarizarse cos que seguimos crendo que este non é o camiño, cos que seguimos dicindo, a pesar de ter praza e durmir tranquilos, NON AO MESTRADO DE SECUNDARIA!!



sexta-feira, 8 de maio de 2009


A organistropía é efémera
O que nos pasou xa non podemos sabelo, só nos queda reiniciar

O divulsor fomos nós ... o medo, a costume e eu.

Eu que aprendo a amarme desamando a todo o que me rodea.

Reobase ... inda que me biques.

Acendeuse o antigo esqueiro do esquecemento e os meus pes xa hai tempo que comezaron a camiñar nunha dirección na que sei que por máis que mire, non te hei atopar.

sexta-feira, 13 de março de 2009

Comeza o VI Certame Literario Concello de Ames



A nova edición do Certame Literario Concello de Ames de narrativa e poesía foi presentada publicamente esta mañá no Pazo da Peregrina de Bertamiráns da man do concelleiro de Cultura, Francisco Villaverde. Dirixido a todos os e as amantes da literatura, sexa cal sexa a súa procedencia, este concurso é xa un referente para os novos creadores e creadoras, e supón unha boa oportunidade para todas aquelas persoas que desexen medir a súa capacidade para escribir e os límites da súa imaxinación.
Na pasada edición recibíronse máis de 200 traballos.Ao igual que en anos anteriores, son tres as categorías existentes en cada modalidade do certame. Os nenos e nenas que teñan ata 13 anos poderán participar na primeira categoría, mentres que a segunda está dirixida a rapaces de 14 a 18 anos e a terceira ás persoas de máis 18 anos.
Haberá tres premios en metálico por cada unha destas franxas de idade en ambas as modalidades, que serán de 120 euros, 90 euros e 60 euros na primeira categoría, 150 euros, 120 euros e 90 euros na segunda e 210 euros, 150 euros e 120 euros na terceira.
Todas as persoas que desexen participar no certame deberán enviar antes do 20 de abril de 2009 catro exemplares do seu texto, en folios mecanografados por unha soa cara e a dobre espazo ao enderezo Concello de Ames (Servizo de Normalización Lingüística), Avda de Azcárraga nº5, Bertamiráns, 15220 Ames, A Coruña.
A extensión mínima será de 2 páxinas en narrativa e de 20 versos en poesía, mentres que a máxima será de 6 páxinas en narrativa e de 50 versos en poesía. Ademais, cómpre lembrar que o tema é libre e que só se poderá presentar un traballo por persoa en cada unha das modalidades.
Outro dos puntos importantes reflectidos nas bases do certame advirte que nos textos non poderán aparecer os datos persoais do autor ou autora nin a súa sinatura. Así, en cada un dos catro exemplares enviados terá que figurar a modalidade na que participa (narrativa ou poesía), a categoría (1ª, 2ª ou 3ª) e o pseudónimo do autor ou autora.
Para garantir o anonimato, os participantes terán que introducir os seus datos persoais (nome e apelidos, idade, fotocopia do DNI, enderezo e número de teléfono) nun sobre pechado no que, por fóra, figure o pseudónimo e o título do traballo. Este sobre cos datos persoais e as catro copias do texto introduciranse nun sobre máis grande. No remite deste sobre grande terá que marcarse claramente, de novo, a modalidade, a categoría e o pseudónimo do autor ou autora (nunca o nome real).
O xurado do certame estará formado por tres membros de recoñecido prestixio dentro do mundo da cultura e por un secretario ou secretaria, con voz e sen voto, en representación do Concello de Ames. Un dos membros do xurado designarao a Asociación de Escritores en Lingua Galega e os outros dous serán designados polo propio Concello de Ames. A súa decisión anunciarase publicamente o venres 15 de maio de 2009 e os premios entregaranse o 17 de maio de 2009 nun acto público que se celebrará na Casa da Cultura do Milladoiro.
Para máis información:
981 884 991 ou enviar un correo ao departamento de Normalización lingüística

segunda-feira, 23 de fevereiro de 2009



De cando en vez boto a vista atrás para ver se queda algo daquel novembro.
Nunca souben se corría máis auga polas ventás da habitación da que esvaraba pola miña cara.
Estou segura de que esa dor só se pode chegar a sentir cando algo morre.
Nese momento, o corazón deixa de bater e perde un anaco pola falta de circulación. A ese anaco eu chameille inocencia.
Circulei como espectro durante días, escribindo versos en cada pedra do casco antigo.
Agora crúzome contigo .... Memento.
Só recordo que ti segues a ter algo de meu, nada máis. A idealización tamén debeu morrer.
Tiña dito que eramos pezas a encaixar nun taboleiro feito á nosa medida.
Non recordo o porqué, como tampouco recordo que cheiro me aguilloaba a razón ate facerme tremer.
Cando consigo volver en min, decátome de que inda fica algo neste caixón da miña memoria que me une á persoa que durante tanto tempo soñei que eras.

terça-feira, 10 de fevereiro de 2009

Misión imposible?: A pinta máis reivindicativa




Parabéns aos compañeir@s de Isca por esta fantástica iniciativa, e á vaca, claro.

Na Galiza en galego!!

segunda-feira, 9 de fevereiro de 2009

Galicia Vilingue



No sea bárbaro, hable castellano!!

segunda-feira, 2 de fevereiro de 2009